martes, 25 de setembro de 2012

DON BALDOMERO


DON BALDOMERO


Paseo por la Alameda de Santiago.

A lo lejos puedo ver sentado en un banco a D. Baldomero hablado con otra persona.
Observo, desde la distancia, que esa persona no le presta atención, no aparta la vista de la fachada del Obradoiro, esta absorto en ello.

Al llegar a su altura comprendo la situación.
Baldomero habla con la figura sentada de bronce de D. Ramón María del Valle Inclán, que difícilmente podrá responder, salvo que las estatuas de bronce incorporen un chip de conversación.

Don Baldomero, al parecer, desde que comenzó la crisis practica estos soliloquios escalofriantes.
Sostiene en ellos que casi nadie entiende lo que sucede, ni siquiera los expertos, ni sabe como remediar la situación en la que nos encontramos.

Le saludo y me indica con un gesto leve que hay lugar para mí en el banco de madera. Me sitúo respetuosamente dejando a Don Ramón en medio de los dos.

–¿Que es de su vida Don Baldomero? - le pregunto -.

Mira de reojo a Valle y le susurra al oído :
–Otro que confunde vivir con sobrevivir...

Se dirige a mi hablándome en tono bajo y actitud misteriosa observando con desconfianza los alrededores vacíos de gente. Me suelta atropelladamente:
–Rajoy me ha subido la pensión un uno por ciento; no me siento en absoluto una victima y, que sepas, que ha llegado la nueva inquisición y el masoquismo social hasta la puerta de las casas.

Espero un buen rato a que continúe con su explicación y como no lo hace, me dirijo provocativamente a Valle, para preguntarle con la máxima naturalidad:

–¿Me puede aclarar usted Don Ramón, las informaciones de Baldomero? .

Entonces caigo en la cuenta de que ya somos dos lo que hablamos con un pedazo de metal. Debe ser la falta de interlocutores sociales, me digo como disculpa.

Suena una voz cavernosa que me da un susto de muerte. Es Baldomero que esconde su boca tras el pañuelo :

–Me revalorizaron la pensión en setenta euros al año y me joden noventa y seis en medicamentos, cuatrocientos más con los incrementos de la luz, el gas, y el nuevo IVA...¡ menudo negocio!

–Me han hecho dudar Rajoy y sus colaboradores, sobre mi responsabilidad en la crisis, después de trabajar cuarenta años, ocho horas al día, con un salario muy ajustado , y a pesar de ello, procurarle una formación y estudios - hoy inútiles-, a mis dos hijos, que no tienen nada de inútiles, pero como si lo fueran.

–He terminado de pagar mi piso después de treinta años de hipoteca,y aún pude ahorrar unos pocos euros gracias a sacrificios y privaciones austeras.

–Te confieso además, que he llegado a sentir agradecimiento patológico de este gobierno, por el hecho de que todavía me paga la pensión por la que cotice toda mi puta vida.
 Debí de padecer transitoriamente algo así como el Síndrome de Estocolmo.

–Pero esto se acabó. Y ello gracias a Don Ramon aquí presente, porque me aclaró la situación definitivamente, y ahora ya se que España no está aquí, sino en Alemania, y en la bolsa de Nueva York.

–Se que mis hijos volverán a tener trabajo, pero en América o en centro Europa, y que la banca, el capital, los financieros y el rescate, son solo la coartada de una crisis que nos llevará inevitablemente a través de las reformas de Rajoy y Feijoo, a convertirnos en el esperpento de lo que fuimos...

De reojo, mientras le escuchaba volví la mirada hacia Don Ramón.

Me pareció entonces que nos  estaba escuchando atentamente, y recordé sus libros y aquellas divinas palabras que dan lugar a todas las farsas, y a la promoción de tantos tiranos banderas que solo buscan permanentemente como disculpa la cabeza del Bautista, en esta inacabable y dramática sonata de otoño que nos conducirá, de no reaccionar a tiempo, a convertirnos en sumisos esclavos que votan como parvos mientras vociferan...
¡ viva mi dueño !...



























martes, 19 de xuño de 2012

SERVIO PUENTE . MÉDICO


SERVIO PUENTE
MÉDICO


Servio Puente foi o pediatra de moitos de nos cando pequenos, e dicir fai unha boa manchea de anos.

Nada mais rematar a súa especialidade tivo, de primeiro cliente, un raparigo compostelán que ó parecer tiña, para os remedios de aquel tempo, unha grave enfermidade.

O pai do doente fora a buscar a Servio a súa consulta, e nada mais este abriu a porta espetoulle:

― Doutor, o meu fillo Migueliño, estalle moi enfermo... dixéronme que vostede é un bo médico de nenos. Podería vir axiña a atendelo a miña casa?

Despois dunha detida exploración clínica, Servio doulles a súa opinión diagnostica: Migueliño padecía unha neumonía. A noticia conmocionou a familia do pequeno.

―Haberá que administrarlle con urxencia unhas inxeccións de penicilina.
―Teño aquí unha caixa delas, e voulle poñer a primeira dose.
Sei que lles comentou os pais.

Foi Servio en persoa durante toda a sema, e tres veces ó día, a inxectar ó pequeno. O cabo dese tempo o neno mellorou, e volvéronlle a cor e os folgos o corpo diante da ledicia de tódolos seus.

Dias despois, o dalo de alta, deixou o doutor con disimulo agochado no caixón da mesa de noite do rapaz, unha moeda de cinco pesetas, e unha nota que poñía, “de parte do  meu amigo Hipócrates para que merques unha pelota de fútbol. Servio”.

A hora de facer as contas da consulta e do tratamento, o pai chamou á súa muller e ós cinco fillos diante do médico, e a continuación, confesoulle a Servio que traballaba de ebanista con ingresos xustos para mantelos a todos, e que, toda a familia era testemuña e mais estaba de acordo, en que aínda que tiveran que pasar algunha privación, pagaríanlle ata a última peseta.
―Ten vostede a miña palabra é a da miña familia. Cada mes irei pola súa consulta a levarlle unha parte do que lle debemos.
Ademais quero que saiba que nunca lle poderei pagar a súa adicación cariñosa o meu pequeno.

Servio, sorrindo, respondeulle que tratándose do seu primeiro cliente, quería recordalo unicamente como o primeiro acerto da súa carreira, e non coma un ingreso económico.

Insistiu en que nada lle debían, e que el a cambio, levaría sempre un regalo no recordo da renovada cara de alegría e de saúde do Migueliño, e iso, “non hai prezo co pague”.

Días despois, o pai de Migueliño, presentouse na casa de doutor, con unha preciosa talla dun Quixote de madeira, que levaba gravada unha frase que dicía: “ Para o doutor Servio, médico e amigo da familia de Souto o ebanista” .

Recordo aquel Quixote gardando a porta do consultorio.
A min talmente pareceume sempre que tiña un estraño parecido con Servio no seu rostro.
Sería cousa do ebanista ou casualidade, me teño preguntado moitas veces?

Pasados moitos anos desta historia, o Presidente Zapatero, sendo Xefe da Oposición, citou no Congreso ó Quixote, recomendou a súa lectura e, demandou no seu discurso maior protagonismo para a cultura e a lingua española no mundo.

Servio, xeneroso e idealista como poucos, moi impresionado por aquela intervención, aproveitou a presenza de José Luis Rodríguez Zapatero nun mitin en Santiago, para levarlle de regalo aquel Quixote da súa consulta, que agora levaba unha placa nova de prata na que se lia : “O verdadeiro valor das cousas, ten pouco que ver co seu valor económico. Servio Puente, médico”.

Cando Servio fixo entrega do agasallo, fixeime fugazmente na faciana e nos ollos do Quixote, e xúrovos que me pareceu talmente que D. Alonso Quijano seguía ca vista o doutor e mandáballe un adeus agarimoso de amigo.








venres, 11 de maio de 2012

SARDIÑAS E PAN


SARDIÑAS E PAN



Foi aló polo mes de Xullo do ano pasado, facendo senda polo litoral da Costa da Morte entre Brañas Verdes e Arou preto de Camelle, perdinme.

Despois de varias horas de camiñar e de buscar indicacións nun vello mapa, só o mar a miña esquerda, e o monte á dereita eran ás miñas únicas referencias.
Cheguei a un lugar no medio da nada, e nel vin xusto diante de min un neno duns oito ou nove anos, que ollábame coa curiosidade dun experto que agarda lle fagan a pregunta obvia.

―Pequeno coma se chama isto ?
―Santa Mariña, ― respondeume coa seguridade de quen coñece o territorio―.
― E onde está concretamente?
― En España!

Quedei un segundos desconcertado. A referencia global indicaba co neno tiña madeira de economista do macro...
Sorrín, para demostrarlle unha seguridade que non tiña, e retruqueille: Queda moi lonxe Camelle?.
― Non, estalle preto.
― Ese preto teu canta distancia é? ―apunteille con certa prevención.
―Pouca!
O neno nin se comprometía, nin aclaraba moito.
Quizabes, pensei entón, chegará a seren un boi político, deses que non defraudan porque prometen pouca cousa. Deses que teñen un gran talento natural, non polo que din, senón polo que saben que deben calar.

Sostiña entrementres o raparigo a miña mirada coa firmeza do que se sabe superior no seu medio.

―Hai casas cerca de aquí ?.
―Si!
― E, nesas casa vive xente, pregunteille xa como un parvo...
―Si!. Viven os meus pais.
―Pódesme levar xunto a eles?
―Poder podería, pero teño un traballo que facer...

O raparigo tiña traballo, e o traballo xa se sabe era para el mais serio ca miña investigación por pescudar onde raios estaba; en xeral a investigación no é un traballo en “España”, logo, cavilei, nada que reprocharlle o neno...

― Pódesme indicar por onde queda casa dos teus pais? ― pregunteille medio desacougado pola situación, e pola a fame e a sede que sentía...

De mala gaña sinalou unha dirección co seu dedo índice. E liscou correndo cara o mar.

Seguín a dirección encomendándome a San Cristovo patrón dos camiñantes, e o pouco distinguín unhas vivendas, unha vaca pastando, e unha velliña sachando nunha pequena guicha empinada...

Boas tardes teña vostede señora, que vaca tan bonita, Deus lla conserve; díxenlle co mellor sorriso que puiden.

― Boas tardes, e vostede co vexa e lle dea saúde tamén... ―respondeume de xeito moi correcto e cortés.

Mire, expliqueille, perdinme e vou a pé camiño de Camelle, pódeme informar por onde debo coller para chegar aló?...
― E logo, de onde ven?
Xa empezamos cos requilorios, pensei, que terá que ver de onde veño, co que lle preguntei...
―Veño de Compostela!
― E viría en coche non?
― Si, vin en coche.! Deixáronme no cabo Vilán, e agardan por min en Camelle.
― E logo non coñece estas parroquias?.
Estiven a piques de darlle a resposta equivocada. Contívenme prudentemente e cambiei de estratexia...
― Teño amigos e familia en Cee os que veño de visitar, e decidín dar unha volta por aquí para coñecer esta zona...
― E logo de quen ven sendo vostede en Cee?
Expliqueillo de paseniño , e xa posto a elo nomeeille un fato de amigos daquela vila como garantía de estar ben relacionado.

―Veña comigo. ― Recolleu co adival a vaca, e púxose a camiñar cara a súa casa.

Un mozo asaba alí sardiñas nunha grella ; o verme chegar acompañado da señora, que segundo souben despois era a súa sogra, ofreceume sen mais unhas sardiñas enriba dun enorme anaco de pan de centeo, e mais unha cunca chea de viño tinto.
Emocionoume o agasallo. Non sei moi ven si ese sentimento se debeu a hipoglucemia que tiña, debida a fame, ou pola xenerosidade de dar de comer a un famento perdido,ou un perdido famento.

O caso e que me vin obrigado a agradecerllo, e mais a eloxiarlle o pan e as sardiñas.

―Que rico estalle este pan de centeo e as sardiñas!. E o mellor que comín en moito tempo. E non lle mentía, pois levaba mais de medio día sen botar un só bocado.
Non me respondeu directamente, pero aclaroume pedagoxicamente a súa situación , e mais de paso, a miña.

― Eu, sonlle natural dunha aldea de Vimianzo, casei para esta casa; aló, na miña terra e fai anos, cando eramos rapaces, dicíannos os maiores cando chegaba o peixe fresco dende a costa: “neno como pan cas sardiñas”!.

― Os de aquí, e ata Fisterra, segundo conta a miña sogra dicían: “neno come sardiñas co pan”!..
―A vostede non hai que chamarlle a atención por ningunha das dúas cousas... Da gusto velo devorar nelas e no pan!

―Camelle estalle a dez minutos de aquí, eu teño que ir aló despois de cear, se desexa mais viño e sardiñas non se reprima, logo se quere o levo a vila...

Diante desa nova proposta gastronómica sentinme estimulado, e non me contiven nada de nada...

Cheguei a Camelle cando anoitecía, canso, moi ben nutrido, cheirando a peixe desde lonxe, contento de terme perdido nas terras de Santa Mariña, e de dar con tan boa xente.