martes, 14 de maio de 2013

QUE APROVEITE !


QUE APROVEITE!


Na casa do Paspallás, ala polas terras de A Mahía, un grupo de amigos temos sempre o noso dispor, unha cocina de ferro, unha grellada na horta, e dúas mesas onde xantar.

Unha delas, rodeando a cocina, e outra, de pedra,que usamos nos veranos, baixo unha figueira de uns cincuenta anos, que da olor e ata sabor aos que debaixo dela comemos.

Cando imos a casa do Paspallás poñémonos de acordo previamente, e mercamos na praza de abastos o que logo serve de prato principal, mais algunha lambetada, xunto naturalmente co viño.

O Paspallás fai a súa acostumada presentación nas reunións sobre o que el chamaconsellos gastronómicos, entre os que mestura sempre outras recomendacións e advertencias.

Tedes que lle botar mais imaxinación o que mercades e ides cociñar. Para comer bistés con patacas, ou ovos fritidos, escusades vir aquí...
Cómese mellor cando usades a fantasía ... aquí non vides a vos nutrir, iso non é saber xantar. !
Non quero que veñades a cociñar de xeitodesregulado, onde todo vale, como na economía actual...

Saber comer ben marca un xeito de vida, un estilo propio, unha identidade...
Unha comida preparada con creatividade, é sempre mais agradecida e san que unha lupanda.
Unha modesta ave, un peixe de río, ou uns chícharos, poden seren unha delicia si se saben preparar.

Todos recordaredes aqueles pombiños de Maximino oPoeta da Mahía”,que Olegario preparou o espeto con manteiga de porco, e castañas de guarnición...


E como a crise vai durar moitos anos, estes xantares faranse mais nas casas, e daranse retornos a terra dos avós, e de algún amigo... aquí teredes sempre o voso fogar... Se traedes viandas...!. (Aplausos)

Despois do seu acostumado discurso que provoca consensos caralláns, onte mesmo preparamos unha empanada de croques repoludos da Ría de Noia.
Alí mesmo, enriba da masa, abrímolos berberechos de paseniño un a un, alí mesmo, enriba da masa, xenerosamente deixaron un anaco do mar do Barbanza entre a zaragallada, e, alí mesmo, despois de pasar polo forno da cocina de ferro comprobamos o degustala con tódolos sentidos, que a nosa empanada escondía con pudor deliciosos tesouros, que nada tiñan que ver cos da pizza, que mostran sempre na súa nudez, as súas miserias gastronómicas...

venres, 3 de maio de 2013

CANTARES GALEGOS


CANTARES GALLEGOS


Fun invitado co motivo do 150º aniversario da publicación dos Cantares Galegos ao noso Parlamento de Galicia.

Fai a introdución do acto Marina Mayoral.

Extraordinaria coma sempre, coméntanos coma Rosalia de Castro prescindiu nos Cantares da súa visión desolada e, cede nesta obra a súa voz ó pobo que e quen fala.

O PoemaCastellanos de Castilla, sérvelle para dar resposta ó mal trato que en Castela recibían daquela os nosos segadores.

Un pobo, o noso, empobrecido,explotado,e deostado, obrigan a poetisa a rebelarse con dor e amargura nos versos.

Castellanos de Castilla/ tratade ben ós galegos/ cando van, van coma rosas/ cando ven, ven coma negros.

Naquel poema os casteláns, son tachados de ter mal corazón, alma como as penas duras, de non ter entrañas no peito... e cousas aínda peores sobre Castela....

Non imaxino a maioría dos nosos representantes políticos carentes de sentimentos, e dicir, sen capacidade para desexar maior xustiza social e, desinteresados de canto sucede o seu arredor.

Non imaxino a ningunha persoa, que despois de ter loitado moitos anos por mellorar as condicións de traballo e vida da xente, non se conmocione o comprobar coma tódolos seus esforzos estanse a desfacer ou camiñan en claro retroceso .
Os sentimentos entón non se din, se mostran.

Si algún político se emociona no seu discurso e rompéselle a voz que se enche de bagoas, non fai mais que mostrar os seus sentimentos.

Non deberamos de temer ós sentimentos, a súa expresión, nas que as veces pódense dar exabruptos, descortesías e, ata chegar a bater co puño nunha mesa ou no estrado... substituíndo así o desexo incontrolado de estamparlle a cara a alguén, que ten responsabilidade sobre o que de prexudicial nos acontece, sexa un banqueiro, un empresario ou político.

É normal que sintamos xenreira cando está ameazada a nosa integridade, a nosa identidade, a da nosa familia, a dos nosos amigos ou a de moitos cidadáns.

Hoxe están a ser agredidos, acosados e intimidados: moitos millóns de parados; os hipotecados; os pensionistas; os autónomos, e mais do cincuenta por cento dos nosos mozos no desemprego...

O Presidente Feijoo, tomou a palabra neste acto conmemorativo para recordarmos “Que Galicia constrúese con dialogo, porque a pluma e mais as palabras, son mais fortes cas pelexas.... Ten razón... en teoría...

Magoa que non sexa o Presidente galego mais coherente e menos provocador cas súas propias verbas no hemiciclo; mais comprensivo cas críticas xustas ou non que recibe, porque a altura política dun dirixente mídese tamén polo trato xeneroso e tolerante que ofrece ás minorías, e, por asumir que certos excesos parlamentarios teñen a súa orixe, na impotencia política da oposición fronte o sufrimento das vítimas das crises, e as veces tamén, nunha sectaria xestión da maioría absoluta.

sábado, 27 de abril de 2013

AS REFEXIÓNS POLÍTICAS DE SERAFÍN


AS REFLEXIÓNS POLÍTICAS DE SERAFÍN



Meu amigo Serafín sostén que el nunca elixe - de poder evitalo - aquelas opcións que poden prexudicalo a el, ou a súa familia.

Inclúe nesta selección, desde os intereses bancarios,os amigos, a elección de médico, os clientes no seu traballo, etc, que procura sexan sempre os mellores e mais fiables.

Recorre para obter as mellores condicións económicas varias oficinas bancarias, e finalmente acorda as operacións ca entidade que lle ofrece as mellores opcións; pregunta a coñecidos e profesionais cal é o mellor especialista para calquera doenza; descobre algúns amigos “novos, (os vellos son intocables), ós que previamente somete a pequenas probas de xenerosidade e bonhomía con éxito e, logo failles pequenos favores,prevendo que algún día mos fagan a min un pouco mais grandes; elixe clientes dos que coñece súa solvencia, e así, me conta, en moitas outras actividades...

Non sempre acerto de cheo, pero case... case....

A única excepción ou torpeza que ten cometido con demasiada frecuencia - segundo comenta - é, na elección dos seus representantes políticos.

Non dou unha no cravo. Cando creo que van cumprir co programa político que mais me convén, non o executan. O reviran de pes a cabeza!. Como acaba de facer o PP.

Se non cumpren co contrato escrito, viñan sendo coma se un cliente fora malo, o medico perigoso, o banco estafador, e, o amigo, un cínico aproveitado e mentireiro. E iso e así, salvo que favorezan os meus intereses; porque para min, para os empresarios e a maioría da xente o digan ou non, os intereses individuais están por riba dos colectivos.

Nunca me preocupou que lle botaran as culpas da súa política ós que lle precederon, sempre que servira para seguir favorecendo meus negocios, nos que nunca roubei a ninguén, pero nos que está permitido legalmente, enganar un pouco...

E logo Serafín, lle comento entre risas, que tes decidido facer no futuro para non equivocarte neste asunto.

Non existe case ninguén que vote sen seleccionar, pero si existen moitos imbéciles coma min, que seleccionan sen intelixencia nestas cousas tan delicadas...

Como cales ?,lle pregunto con certo intres

Pois coma aqueles que cren que os conservadores defenden e dánlle prioridade os mais necesitados, os parados, os empregados, ou que son quen de xestionar mellor os servizos privatizándoos... Non é así, os conservadores teñen a obriga de defender os poderosos, os que gozan de privilexios, de poder, de recursos económicos, ás grandes empresas, os bancos e os financeiros...

Pero logo, se sabes isto, porque os votaches ?

Porque crin que tendo un taller pequeno, dous pisos, un coche, tres empregados, un fillo na universidade, e catro amigos importantes, eu era un deses tamén carallo...!.


domingo, 21 de abril de 2013

AS BOAS PREGUNTAS SON A SOLUCIÓN



AS BOAS PREGUNTAS SON A SOLUCIÓN

Unha charla de ex-parlamentarios nun instituto de Santiago. Unha mesa de invitados con Xesús Veiga, Asunción Yeguas e mais eu mesmo.

Despois dunha breve presentación audiovisual sobre ó Parlamento Galego, unha rolda de cada un de nos con intervencións xenéricas de dez minutos, logo, douse paso as preguntas dos mozos.

A corrupción; os escraches, os programas e as promesas políticas incumpridas; a participación social; as iniciativas populares; as preferentes, os desafiuzamentos ...

Recordei a Benedetti. “Cando criamos ter todas as respostas, teñen cambiado todas as preguntas...”

Os alumnos pregúntanse o que realmente está a suceder no Pais... ou dito de outro xeito, preguntan por aqueles asuntos que preocupan na sociedade e, dos que o goberno de España e de Galicia ou non falan, ou non resolven.

Os silencios dos nosos gobernos serven para corromper a verdade e incluso para terxiversala. Eses silencios están a poñer en evidencia a falla de solucións diferentes as que impoñen os grupos de presión económicos financeiros internacionais. Silencios que están permitindo se escoiten mellor os gritos dos que perderon o seu traballo, o seu patrimonio, a saúde, os servizos igualitarios, ou a   perda de liberdades conseguidas...

A este respecto as preguntas e as respostas ás mesmas, deberían servir para a lo menos, entender as esencias, as causas, de canto nos está a acontecer. Sen esa razón de fondo non hai solucións de consenso posibles.

Sumémoslle a elo unha educación, que non acaba de ensinar a argumentar e razoar, para formar persoas autónomas e independentes con capacidade de gobernarse a si mesmas, e, unha información disfrazada de opinión en algúns medios de comunicación, e chegaremos a conclusión de que se nos está a privar dos instrumentos para dispoñer de unha mínima capacidade critica, e de análise persoal.

E dicir, nos están colectivamente forzando, de xeito tendencioso e subxectivo, a aceptar respostas e solucións simples, a cuestións complexas que requiren acordos moi cavilados.

Teñen o seu aquel esas charlas que deberan de ampliarse xustamente entre o colectivo estudantil, facilitando deste xeito o dialogo e a participación cos alumnos, propiciando así un maior intres pola política e as institucións, que poden chegar a evitar, nos mais novos, un maior desafecto polas mesmas, desafecto que é sempre o caldo de cultivo para oportunistas e demagogos que están mesmo.