mércores, 1 de abril de 2015

AS PALABRAS "ABREPORTAS"

AS PALABRAS “ABREPORTAS”

A Carolina, case igual que na canción, bonita non é,  probe si, e, o de honrada se lle supón. Pero para compensar esas circunstancias, saleu moi intelixente e aguda.

Orfa de pais, criouse ca súa tia Agueda que  exercía de  menciñeira, e tiña creto de seren moi  boa cos seus bebedizos e  remedios. Grazas a eles, puido darlle a rapaza  estudios  en Compostela.

A Carolina sabía que para saír de probe as licenciaturas contan pouco hoxe, logo, dicía ela, ou tes  un bo plan, ou tes un golpe de sorte na lotería.

Ten a Carolina dous libros de cabeceira desde o tempo dos seus estudios,   un de economía, e  outro de lingua, dos que aos poucos foi facendo escolma dunhas verbas,  que ela chama, as “palabras abreportas”.

 Con unhas verbas escollidas,- contoume- , “pódese conquistar o mundo”,  ese é o meu plan, así de sinxelo.

Porque, dime ti, quén con unha empresa ou negocio váiseme  resistir cando deixe caer axeitadamente palabras coma: conxuntura; axuste, débeda pública, despido libre,  ou amortización?.

Quén con estudios  e sensibilidade despreza voces coma: amor, berce, poesía, liberdade, ou áncora ?.

Colleu a Carolina una día o autobús na vila e  marchou a capital cos dous libros, un frasquiño con un bebedizo amoroso da Tía Agueda, e un allo macho no bolso, remedio infalible contra a mala sorte, como sabe todo o mundo.
 
Gastou parte  dos seus aforros, na compra dun traxe elegante, e uns complementos.

Ao remate das compras parecía outra. A metade da súa fealdade quedou na tenda, e a outra metade,  a disimulaba coa súa desenvoltura leda e contaxiosa.

Na escola de executivos onde se matriculou para facer un master, coñeceu  a Breixo, un empresario importante de carácter un pouco apoucado e reservado. A ela  pareceulle un bo partido e   até guapo, en consecuencia lanzouse a facerlle as beiras.

 O Breixo, despois de saír varias veces xuntos, pillouna na discoteca  botándolle o bebedizo na bebida, pero nada lle dixo; pouco despois localizou os antecedentes de a Carolina en Facebook e  mais  conseguiu información dela por un cliente, pero nada lle comentou.

Tiveron  os dous moitas  conversas sobre  asuntos de ir e vir e mais  de negocios. Foi entón  cando Breixo  escoitou as “palabras abreportas”, e  aparentou que  lle interesaban.

O feito é, que rematando o master e por sorpresa fíxolle unha declaración de amor, na que mais o menos veulle a dicir:

Carolina, quéroche pedir en matrimonio, se me aceptas, pero antes debo dicirche o seguinte:

Primeiro o amor só morre de indixestión, non de fame, polo tanto non me  volvas, sen o meu permiso, a botar nunca mais gotiñas reconstituíntes  na bebida.

Segundo, tira do teu bolso ese allo porque fede que alcatrea.

E, terceiro, no me  volvas contar mais veces que a “reorganización eficiente da miña empresa depende da racionalización dos factores de produción”, que ti tan ben coñeces.

Ti es Carolina, o complemento ideal que eu precisaba. Vesme que nin feita de encarga. Tes todo canto eu non teño: alegría na pobreza, agarimo de abondo, intelixencia, ousadía, imaxinación, e  moito, pero moito, instinto asasino.

Por iso te desexo como miña dona, e te preciso coma empresaria adxunta.

E casaron. !





domingo, 15 de marzo de 2015

A MORTE DE LOURIDO

A MORTE DE LOURIDO


Lourido, o taxista, é unha persoa diferente desde que  morreu. O caso é que non chegou a morrer de todo, pero a el pareceulle que morrera.

 Doulle un infarto con parada cardiorrespiratoria no propio hospital, cando ía face unha visita o seu curmán.  Alí o  atenderon axiña con un desfribilador, e o sacaron do lugar por onde - segundo me dixo posteriormente -, andaba.

O tempo entre o infarto con perda de conciencia, e o seu espertar, non foi superior os dez minutos, pero a el parecéronlle  horas.
 Nese tempo contoume o que lle aconteceu nunha descoñecida paraxe.

Cheguei, non sei ben como, a unha praia chea dunha  luz branca e cegadora onde uns nenos xogaban o balón, e uns vellos paseaban pola orela do mar.

─ Escoitei unha voz que me chamaba polo meu nome, era a do meu tío Rosco.
Recordei entón que pouco antes do seu  pasamento e a carón do seu leito de morte, sendo eu rapaz, dixéralle unha parvada incrible: “cóidate moito tío Rosco, e que teñas unha  boa viaxe”… Morreu nada mais dicirllo. Agora o tiña diante de min. Vinte anos mais novo que eu mesmo, e con bo aspecto. Se coñece, pensei, que se coidou ben de raios!.

 O Rosco, preguntoume que facía na praia dos mortos, se eu non era un defunto.

─ Nótase que non estás morto, ─ me dixo ─ porque aquí ninguén ten reloxo, xa que o tempo non conta, e porque o “salto cuántico” de vivo a morto, déixate calvo, e ti tes unha boa cabeleira. Mira sobriño, hai moitas formas de estar vivo, pero só unha de estar morto. Logo ti non es  un morto, es só un  viaxeiro  impertinente.!

Despois de escoitar estas razóns, comenteille que eu era o primeiro abraiado da  miña situación.

─ Non recordo coma vin  dar aquí.!. Estaba de visita no hospital, doume un pequeno dor e un lixeiro  mareo, e xa estaba neste praia.!

O Rosco fora profesor de ciencias , e recordo que sempre tiña explicacións para as cousas mais raras. Quedoume mirando coma quen examina un insecto ou un mineral e preguntoume:

─  Estás contento ou ilusionado ca vida que levas .?

─ Home, teño traballo autónomo, bo apetito, casa propia sen hipoteca, e unha compañeira que  aínda quita o respiro. Tanto coma ilusionado non sei, porque a situación do Pais e mala e o entorno angustia moito, pero gañas de morrer non teño ningunha.!

─ Moi ben ─ retrucou meu tío ─, a esperanza de case  todo dios é seguir vivo, logo, repito, se aínda sentes  ilusión é que  non estás morto. Aquí ninguén ten esperanza algunha. Se morre sempre de xeito que sorprende, esa é a última estrañeza que temos, despois quedas sen soños, sen proxectos,  sen fantasías, sen ilusións, e até sen gañas de comer nin de facer outras cousas mais  intimas, que aínda recordo…

─ Pero ─ contesteille ─, non nos dicían que no outro mundo, e dicir neste,  a felicidade estaba garantida ?

─ Si home si, contos de cregos!, a felicidade, e a ilusión, só son posibles no mundo dos vivos porque está cheo de incertezas. Aquí a incerteza non existe. Acabouse o fútbol; as amizades; os namoramentos; o bo ou mal tempo; e as partidas de brisca ou tute. Un aburrimento, e por riba eterno!.

─ Así que ti trata de seguir vivo o tempo que poidas, e  rodeado dos amigos, dos libros, da música, as viaxes, e os amores. Si esa vida non te fai un pouco feliz  é que estas morto, porque non sabes vivir.

─ Espertei nunha cama rodeado de tubos e aparellos conectados ao meu corpo.
 Bip, bip, bip… aquel son, pareceume o Himno a Alegría.

─ Pero agora non fago mais que preguntarme : sería todo unha consecuencia do trompazo que me peguei ao me desmaiar. ?

Non lle souben contestar, pero o que  sei de certo é que o  Lourido desde aquela é outro home.

 Sorrille pola rúa  incluso aos políticos, aos banqueiros, e até os cans de palleiro.

 Séntanlle de marabilla as empanadas, os callos e a carne de porco, que antes lle repetían. Lévalle flores tódolos domingos a súa dona; lee entre gargalladas o Paraíso Perdido; e puxo no seu taxi un carteliño dourado que di: “fanse descontos nas viaxes de ida e volta”.  



domingo, 1 de marzo de 2015

PEITUDO O MALETEIRO

PEITUDO O MALETEIRO


Chamábanlle o “peitudo”. Era un home bo, amable, intelixente,  teimoso, fortachón  e pouco falador.

Fixera o servizo militar nos anos cincuenta na lexión española en  África, e alí entre o calor e a disciplina aprendeu a sacar peito, a  andar teso mirando o ceo, e mais a levar arremangada a camisa por riba do cóbado.

Foi todo o que sacou de positivo deses  tres anos de mili:  manterse ergueito e aprender a  soportar a calor do deserto.

Traballaba de mozo de almacén nunha empresa de transportes da Cidade, e mantiña con firmeza e fondo sentido do humor: “que o negocio que mais vultos e caixas de mercancías  enviaba era  o de  “fráxil”.

Dicían del que era insensible ao frío. Incluso nos  días mais invernais se lle vía ca súa  camisa marrón arremangada, coma única prenda de vestir.

 El calaba e sorría cando lle preguntaban se non tiña friaxe.

Mais adiante souben que o que non tiña de verdade eran cartos para mercar un abrigo,ou unha gabardina, pero sei que  tiña ilusión de adquirilos algunha vez.

Porque Peitudo ter frío o tiña, pero nunca llo dixo a ninguén; non llo permitía seu orgullo e dignidade. 

Falei con el un día cando estaba  xa xubilado. Paseaba pola alameda teso de fronte e perfil,  de doce a unha tódolos días, chovera, fixera sol, ou frío.

Fíxenme o encontradizo, saudeino,  e díxenlle que me  tiña axudado a baixar  do autobús de viaxeiros miñas maletas moitas veces.

─ Eu sei quen es. Non polo conto das maletas, senón porque sempre saudáchesme con ríspeto foras con quen foras.

Quedei sorprendido que por tan pouca cousa me tivera recordado. Fomos camiñando…

─   Eu  daquela seguiume dicindo , tiña a obriga de vivir para traballar e non de traballar para vivir. Agora ca pensión sobrevivo simplemente. Daquela en nome da xustiza divina e militar, o goberno, tiña sacrificada a miña liberdade, e hoxe en nome da liberdade o goberno sacrifica a xustiza que me debe.  E foi deste xeito como  perdín toda  esperanza.

Os meus soños sempre foron sinxelos: comer cousas de ricos ate fartar, ter unha casa quente no inverno, un traxe para os domingos, unha boa compañeira e uns fillos con estudios. Agora unicamente teño soños cando durmo. Non se ten cumprido nada do soñado por min, e os meus desexos agora sei que nunca se atoparán de fronte ca realidade na que vivo.

Pero o certo é que  agora camiño mais ergueito que nunca e cando atopo coñecidos  da miña idade eslombados, e cheos de doenzas,  sei que fun un home con moita sorte, moi afortunado na vida, porque o traballo, os invernos, e o meu país tratáronme mal, pero hoxe  podo andar dereito e sorrir sempre…


xoves, 19 de febreiro de 2015


UN VECIÑO DOS QUE NAS ENQUISAS: “NON SABE, NON CONTESTA”.

Preguntoume hoxe un novo veciño no ascensor : E ti que pensas da situación actual do País.?

Sen gañas algunha de darlle a lingua lle contestei co primeiro que se me ocorreu: “Se pensa como se vive, e non se vive como se pensa”. Así é como votamos, polo menos en Galicia.

─ Claro, ─ resposta axiña ─ ti debes vivir como pensas, e falas así !. Eu no desemprego desde fai dous  anos por culpa dos socialistas, e vivindo a conta dos meus vellos so  penso como sobrevivir.

─ Home, ─ retrúcolle  ─ iso que dixen antes de “ se pensa coma se vive”, non e meu, o dicía sempre  un tal Demóstenes. E seguro que Don Carlos Marx tomou nota prestada delo.

─ Non os coñezo.!— dime ─. Pero deben ser dous señoritos que teñen traballo seguro e  cómodo; unha  desas bicocas públicas nos que se choia pouco e gaña moito.

 En Roma, ─ trato de explicarlle ─, sen entrarlle o trapo, Demóstenes tiña sona de seren moi bo orador; dicía moito aquilo de que: “as palabras que non van seguidas de feitos non valen nada”. E o Marx a tiña de seren bo intelectual, comunista, periodista e político,e ademais  fundador do materialismo histórico.

─ Logo xa sei coma respiran eses dous, me di o primeiro é seguriño do PSOE porque aposto o que queiras a que non cumpriu nada do que dixo. E  si ora ou reza, o fai polas gañas de volver a gobernar e  vivir a conta nosa. 
 O segundo, o “Mas” ese do carallo é, sen dúbida  de  Podemos e tamén  catalán polo apelido.
 Sonche todos iguales, señoritos sempre cabreados, profesores comunistas que falan nas televisións,  e que cobran cartos polas historias que inventan aquí e mais en Venezuela. Uns conta contos baratos!. Ou non pensas así.?

─ Non  home non!, que estas a entender todo o que dixen eu o revés. Cando dixen que era un bo  orador, non quixen dicir que rece, senón que fai discursos e fala ben. E o segundo, escribiu unha historia sociolóxica importante. E ademais,  por se non o sabías, tanto Demóstenes como Marx  morreron fai  tempo.

─ Mellor!. Nese caso dous chourizos menos a roubar!!!. Menos mal que eu, que teño experiencia política abondo, vou votar o PP!.
 Iso si, cando me  preguntan a quen votarei, os que fan esas enquisas, fágome o parvo…  ti xa  me entendes …! Ou non.?

E chegamos cadanseu a súa vivenda.

 Xúrovos que non volvo a abrila boca no ascensor con veciños tan intelixentes.! 

martes, 17 de febreiro de 2015

PROHIBICIONES Y LIMITACIONES

PROHIBICIONES Y LIMITACIONES


Juan Pérez y Pérez, es un profesional  del mundo del cine.

Vive en Madrid de su profesión de guionista de ciencia ficción, pero no perdona la realidad terrenal y temporal del  cocido gallego que compartimos juntos todos los años por carnavales.

Tiene escrito un libro titulado “Prohibiciones y limitaciones desde el poder alienígena”,  que al parecer ninguna editorial le quiere publicar, pues según estas, carece del mínimo rigor científico.

Juan me muestra una  fotocopia de su manuscrito que lleva en una vieja cartera y  se empeña en leerme unos párrafos del mismo. No me hace ilusión alguna dejar de concentrarme en el lacón con grelos y en las filloas “da pedra”, pero  acepto escucharle mientras papeamos.

  Mira chico lo que las leyes mundiales no prohíben puede prohibirlo la decencia y la dignidad planetaria… Me explicaré mejor con unos argumentos de mi  libro:

─ Se prohíbe el consumo de drogas en todo el Planeta Tierra, porque hace daño a nuestra salud. Pero no está prohibido el consumo de alcohol, o del  tabaco, por el bien que le hacen a la economía y las finanzas.

─ Está castigado por las leyes  no pagar puntualmente la deuda de los créditos solicitados a las entidades financieras, sea cual sea la causa. Y ese compromiso o impagado conlleva el desahucio de la vivienda sin dación en pago; el bloqueos de la  nómina (si la tienes), o subasta de tu patrimonio. Pero no está penado que muchos financieros, asesores, y altos directivos de la banca, arruinen sus empresas y puedan apaciblemente disfrutar en paz de sus  planes de pensión, de su patrimonio o de su fortuna personal, sin ser molestados por nadie.

─ Se critica y tacha de locos y extraterrestres, a aquellos que argumentan que la inmensa  riqueza de unos pocos es  casi siempre responsable de la  pobreza de unos muchos. Es decir, no se explica o investiga  porque  que el 2% de la población dispone del 70% de los recursos en cualquier país del globo. 

─ Se  limita la igualdad social como algo utópico, irrealizable y fantástico,  pero no se limita  la desigualdad que producen los mercados no regulados, la absurda tesis acientífica del consumo con crecimiento infinito, y el beneficio personal desorbitado, es decir estratosférico.

─ Esta fuera de toda duda, que las ganancias de cualquier empresa o negocio son un éxito del sector privado, de su eficiencia y de  su inteligencia, sector a los que no se les puede fijar límites o poner trabas. Pero no se acota, ni condiciona, o cuestiona,  la socialización y rescate con recursos públicos de las pérdidas de muchas de  esas empresas o negocios, ni la devolución paulatina de esa deuda pública.

─ Se limita el derecho a la huelga, y  a las manifestaciones. Pero no se impiden las condiciones laborales que impone el mercado, exterior, interior,  o cósmico,  ni  los  salarios humillantes propios de los  pobres esclavos descerebrados de alfa centauro.

─ Se limita por la  ley y las buenas costumbres morales terráqueas, el tráfico de personas y mercancías, pero no el de capitales, sea cual sea su procedencia origen y transporte. Sea este vía astronave suiza o maletín Internet.

─ Se impide desde la ley y los tribunales, con sentencias y  enormes indemnizaciones, la reversión justificada  de las concesiones  administrativas, en  autopistas, o en servicios; e incluso se les asegura por el Estado su equilibrio financiero; pero, no se prohíbe  congelar o reducir  el  salario o las  pensiones a funcionarios,   a los jubilados, o la modificación  de  las condiciones sanitarias o farmacéuticas  de  los afiliados a la Seguridad Social.

─ Está prohibido  que nadie actúe siendo lo que no es, sin una habilitación o titulación específica. Es decir, un marciano no es un terráqueo. Pero no está prohibido que los jueces actúen como políticos, los políticos como jueces y los periodistas como los dos anteriores según convenga al consejo de administración.

─Y por último, decirte que se  acabará prohibiendo el aborto, el divorcio, o el matrimonio gay, a petición de la Conferencia episcopal, asunto este que  tanto afecta a  sacerdotes, monjitas y pensionistas.

Con semejante cocido de carnaval y las reflexiones  de Juan, no sé si será mejor morir de un ataque de  colesterol comparsa, o de una nueva  prohibición legislativa que nos obligue  respirar solo en días alternos, para evitar la contaminación de los vehículos en nuestro planeta.














venres, 6 de febreiro de 2015

POETAS E POLÍTICOS

POETAS E POLÍTICOS

O contacto cos poetas resúltame gratificante, e trasládame sempre ao mundo do  que debera de ser, e non ó que tristemente é.

Cando teño ocasión de falar con Roi, para min un bo poeta, síntome como escoitando unha sinfonía  universal que me axuda a ser mais humano e tolerante.

Recibiume onte na porta da casa co seu sorriso de neno grande. O primeiro que me dixo foi:

─ Si os políticos souberan poesía e os poetas algo de política o mundo sería un pouco  mellor. Recordas esa frase do Presidente Kennedy.?

Retruqueille cunha frase parva.

 ─ Os poetas nacen, os políticos fanse.!

─ Iso é o malo; a poesía, sobre todo a social, faise  tentando, o mesmo ca ciencia descubrir  a verdade, denunciando erros, e defendendo sempre a dignidade das persoas. A política, os políticos, a economía e a relixión, fanse tentando persuadirnos da súa verdade, defendendo ou non a dignidade das persoas. Por iso comentei antes o importante que sería que os políticos se volveran un pouco poetas.

─ Vin a tomar un café contigo e mais a pedirche un consello.

─ Pois vas quedar cas gañas, nunca dou consellos nin tan sequera os solicitados, porque os amigos equivócanse  moi ben pola súa conta  sen axudas.!

─ Está ben Roi, pero polo menos poderás contestar a algunhas preguntas desde a túa visión poética  non?. Senón quedo sen o articulo para o meu blog esta sema.

─ Iso, igual co café, e as conversas intelixentes, o fago con gusto sempre.
 Outra vez xorden como sabes, as liortas co noso idioma, que me dis o respecto.?

─ O que diría  hoxe Manuel María: “ Idioma meu, humilde, nidio e popular/ labrego, suburbial e mariñeiro/que fas avergoñar/ ao burgués, ao señorito e ao tendeiro…”.

─ Estragar esa riqueza marabillosa que é o galego e igual que  tirar pola borda ou polo sumidoiro un tesouro. O noso idioma amigo Luis sigue a ter dous inimigos: aqueles que tentan impoñelo a cara de can, e aqueles que tentaron prohibilo sempre dun xeito ou de outro, e ademais rinse del. No fondo nos temos algo de culpa  por facerlles caso e falalo pouco, sen decatarnos que os idiomas son un xeito de ver e sentir a vida, pero moitos galegos teñen xa  renunciado a ter mais dun sentimento e dunha vida.

Falando da vida, do traballo, do paro, da corrupción,e  da política, como  observa un poeta  a crise actual. ?

─  Deso escribiu algo o poeta Baldo Ramos, ten un poema que di: "Ás veces fáltannos palabras/e ás veces sóbrannos./Ás veces fáltanos o tempo de dicilas/ e ás veces pásanos o tempo de calalas./Ás veces precisamos o que xa temos/ e ás veces desbotamos o alleo como se fora noso./ Ás veces mentimos inxustamente/e ás veces facemos da lei unha verdade fedorenta...".

─ Temos leis fedorentas, Luis, que saíron adiante co noso silencio. Hoxe a lei mais importante do mercado ven dicir: ou ti ou eu… pero non  di, como quería Celso Emilio: “Falemos de ti e min/ xa que vivimos/ ti i eu sen tempo/ polo tempo que imos/ti i eu cantando/ chorando e rindo”.

─ Nos tempos que corren ninguén debera calar, todos temos a obriga de protestar, e  movernos, para manter a lo menos a nosa dignidade por riba do medo e da inxustiza.

Falamos entre sorbos de café os dous, falamos de nos mesmos; falamos dos nosos soños sen cumprir, dos devanceiros, dos amigos e dos fillos, e tamén dun recordo da paisaxe infantil.  Convertémonos por un instante nunha parte moi  pequena, case insignificante desa paisaxe, e sentimos os dous que a pesares de todo  aínda estabamos vivos.

Marchei da casa de Roi anovado; Chovía mansamente, e funme a fixar  nun probe que  na rúa pedía esmola. 

 Foi  entón cando  volvín  recordar a aquel político que dicía:“ Si un país non pode axudar os seus moitos probes, non debera axudar a uns poucos ricos…

Sería un  poeta? Cavilei para min.