xoves, 18 de maio de 2017

A BOMBA LAFITTE

A BOMBA LAFITTE

Contoume fai moitos anos Carlos Casares unha historia, que creo aconteceu na realidade.
 O conto dicía mais o menos isto :

“Nos, pasabamos algún tempo no vran na casa do meu tío o cura párroco de Beiro, na provincia de Ourense.  Esta vivenda estaba a carón da dun  veciño chamado Roque.

O fillo deste veciño, acabada a guerra civil, retornou a casa con unha granada de man no peto.

Recordo que Xosé, o meu tío, tíñalle preguntado en mais de unha  ocasión a este mozo, porqué razón  de Dios levaba a bomba sempre enriba, tanto nas  festas, coma na misa, e ate na taberna...

O rapaz sei que lle contestou:

–Por estes camiños da aldea un nunca  sabe o que pode pasar  Don Xosé ?...

Unha noite escoitamos un estoupido moi violento na casa destes veciños. Un estrondo que fixo abanear a nosa propia vivenda.

Corremos cara  alí todos os da casa a atopamos ao Roque, o pai do rapaz, conmocionado e  recollendo os restos mortais do seu fillo nun caldeiro.

 As paredes da casa  estaban derrubadas e cheas de restos do defunto, o teito e tellas volatilizados, a fiestras esnaquizadas, e  a porta da casa queimada...

Nos  horrorizados   non sabiamos que  facer diante desta traxedia.

Nestas, o meu tío preguntoulle ao pai do mozo, supoño que  levado polos nervios...

—Non sería unha bomba lafitte. ?

Aquel pai, ollando  para o meu tío  con moita serenidade lle  dixo con solvencia, naquel tempo tan feliz no que eramos todos tan desgraciados:

 Que ía ser unha lafitte Don Xosé, se chega a ser unha lafitte  o escaralla.!”.

sábado, 13 de maio de 2017

ROSA DO COUTO

Rosa do Couto é unha  moza socialista compostelán moi  intelixente e comprometida, que a min sempre me   pareceu un pouco inxenua.

 Comentoume  fai  uns días, nun encontro político en Vigo, o que  eu entendín coma unha confidencia persoal.
 Díxome,  con unha  mirada soñadora moi tenra, que ela “estaba por un fondo cambio de rumbo, e  que xa  estaba a voar  na súa imaxinación  para que iso acontecera axiña”.

—Vamos, que ti xa sabes que toleo polo  Pedro... e devezo por darlle a miña confianza. Vaime a cambiar a vida!

— Ti ten coidado Rosiña co que dis, non me  sexas tan explícita, e si che pregunta algún compañeiro: “ti de quen ves sendo?”,  é porque case sempre  queren saber coma te  convencer  que polo norte vaise ao sur,...coma se foras a pomba aquela  do poema de Alberti. E, ademais xa sabes que o Pedro non lle cae ben a todos...

 A Rosa miroume con sorpresa e botouse a rir a cachón...

— Paréceme que non me entendiches ben Luis; eu dareille o si ao meu Pedro, sempre que mo pida e o acompañe  dun anel aínda que sexa de latón... Falábache de  Pedro,  o doutor que atende a túa reuma...o meu mozo de sempre.
 Estades tan obsesionados cas primarias que todo o entendedes o revés...

E mais debe ter razón cavilei para min, pero sospeitando que me tiña interrogado arteiramente sen eu decatarme...

Xa  non te podes fiar nin dos mais novos...!

luns, 21 de novembro de 2016

DON AGUSTÍN O VETERINARIO

Coñecín a Don Agustín, un veterinario xubilado, a traveso de Palmira, veciña próxima ao seu domicilio.

A Palmira contoume que Don Agustín  aos veciños do lugar non lles cobraba nunca un peso polas consultas ou diagnostico das enfermidades do gando que lle levaban. Outra cousa eran os de outras parroquias ou  dos concellos limitrofes…

 Todos nos, cando a  matanza, en agradecemento sempre lle agasallabamos con un bo raxo,  un xamón, ou cando cocíamos uns moletes de pan…

O caso e que Don Agustín, aló polo anos setenta comezou a ofrecer tratamentos de fertilización nas vacas, e obtiña uns resultados xeneticamente moi bos.

A Palmira tiña, no pasado, segundo me explica, levado moitas veces vacas ao boi, sempre acompañada do seu pai, que aproveitaba para lle explicar pedagoxicamente que: salvando as distancias, a cousa viña sendo mais o menos igual nos seres humanos, pero feito con cariño e paixón, e, feito sen amor, nas vacas…

Dicía meu pai de broma, que por esa razón teñen as vacas  os ollos tristes, porque a falta de amor non os acende nin alegra nunca.

Nunha ocasión os da  casa dos Couceiro, uns veciños da parroquia que esta a carón da nosa, coincidimos en levar as vacas ao veterinario.

Os Couceiros preferiron levala ao boi. Nos, xa tiñamos claro que era mellor a inseminación artificial.

Pasado un tempo os Couceiros tiveron un tenreiro e nos outro. Pastaban xuntos no  noso Agro do Medio con autorización do meu pai.

O fillo dos Couceiros, un rapaz chamado Roi,  un pouco parvo pero moi boa persoa, quedou desde o primeiro día  abraiado do bonito que era o nosa tenreiro en relación co seu.

Nunha ocasión recordo que  o Señor cura da parroquia pasou por  diante do Agro e  despois de saudarnos ao Roi e mais a min, preguntounos  de quen eran os animais.

-O Roi, apresurouse a explicarlle que : “ Este é noso, e  mais do  boi, e ese outro tan bonito  é de Palmira e mais de Don Agustín”…

O crego marchou sen se despedir dicindo non sei que cousas raras…! 

luns, 31 de outubro de 2016

O DOCTOR TUTE

O DOCTOR TUTE

(Iria e mais eu)Resultado de imagen de tibia, hueso

Aló polos anos sesenta meu avó xogaba ao tute na cafetería  Derby de Compostela co seu amigo o Efren.
O Efren comezou a estudar a carreira de medicina a principios dos cincuenta, e despois de dezaseis anos de aprobados xerais, e  mais de exames sinxelos superados a terceira ou cuarta convocatoria, tiña a carreira case rematada.

Resistíaselle a materia de anatomía. A suspendeu en segundo de carreira, e alí agardaba desde facía moitos para facer do Efren un médico.

Meu avó dicía sempre do Efren que era  raposeiro,  orixinal e preguiceiro, como non coñecera a ninguén.

Polas mañás ía as clases  a vender apuntes de varios catedráticos recollidos por el de  alumnos avantaxados.

 O Efren,  despois de ter feita unha escolma deses apuntes, os pasaba a maquina con varias copias en papel carbón,  e mais os perfeccionaba con debuxos propios e comentarios de autor.

Grazas a eles, e a súa repetición mecanográfica, o Efren tiña uns ingresos complementarios e  coñecía os conceptos básicos da medicina.

 Deste xeito falaba o Efren no Derby con propiedade e solvencia das enfermidades, e mais  diagnosticaba axiña calquera peleirada,  cando os colegas de tute facíanlle unha consulta o respecto.  Por esa razón o alcumaron desde aquela o Dr. Tute.

Deuse a circunstancia, que despois duns anos, un dos seus amigos de primeiro de carreira  tiña chegado a catedrático de anatomía,  cando o Efren  estaba a rematar o derradeiro curso da carreira.

Moito me axudaron os teus apuntes amigo Efren sei que lle dixo o catedrático co que mantiña relación.

  O caso é que aínda teño a merda da anatomía túa sen aprobar, e por culpa dela non son médico, contestoulle, agardando unha resposta esperanzadora e mirando de esguello ao profesor.

Por min non a quedar a cousa. Imos facer o seguinte : no exame practico fágoche unha pregunta sinxela sobre un oso calquera, e xa está.!

Neso quedaron.

Na aula, o día da proba práctica, e diante dos compañeiros, o Efren con traxe chaqueta novo sorría abertamente, e xa se vía de médico. Un pouco vello diante dos colegas, pero médico como  eles.

O Profesor mandouno sentar, e con moita parsimonia sacou do caixón da mesa un oso largo e  ancho, con dous cóndilos e  e unha eminencia entre eles, e dicir un oso  inconfundible…

E díxolle, mentres llo pasaba por diante dos ollos e o retornaba axiña  ao caixón:

Tibia ou peroné !

O Efren non se inmutou.

Votou man a unha pluma estilográfica – regalo dos seus pais cando comezou a estudar a carreira- e  respondeu a pregunta movendo diante catedrático a pluma coma se fora unha bandeira:

Parker ou Inoxcron !!!

Todos riron a gargalladas, incluíndo o Profesor.

E deste xeito, o Efren, levou o único sobresaínte da súa carreira, e chegou a medico.

O DOCTOR TUTE

O DOCTOR TUTE

(Iria e mais eu)