domingo, 5 de novembro de 2017

A VODA DA MIÑA IRMAN BRIGITTA





Nunha  recente viaxe polas repúblicas  bálticas, ex-repúblicas soviéticas,   puiden comprobar a xenreira que a cidadanía lles garda alí aos comunistas, o que se  ten convertido nun problema case psiquiátrico.

Os guías da excursión, autóctonos todos eles, falaban un castelán que rozaba a perfección, e  nos  facían unha descrición xeográfica, cultural e histórica moi completa e amena do seu País, mais de cando en vez, viñera ou non a conto, contábannos un chiste que tiña inescusablemente fondo carácter político.

 Déixovos aquí unha mostra dese sentimento xeneralizado:

—A nosa gatiña tivo fai unha sema unha camada de sete crías.
Comentoulle a  Lilita de sete anos a súa profesora, que éravos ademais  a comisaria política, e, sei que esta díxolle:

 —Moi ben Lilita. Agora teredes sete gatiños comunistas...

A nena retrucoulle axiña:

 — Non señora profesora, que meu pais di que iso pásalle mentres non abren os ollos, pero xa os teñen moi  abertos!

Rimos a cachón e non lle preguntamos que lle pasou ao pai da criatura por medo a memoria histórica.

As festas non son festas se non comiamos un pouco de chicha, contounos outro guía.
Daquela meu pai,  a pesares de que que traballaba no matadoiro de porcos,  non tiña acceso a esta  carne tan apreciada aquí.

—O Xefe do matadoiro un soviético, alcohólico, mal encarado e déspota, que non tragaba nin dios no traballo,  dispoñía de coche oficial, chofer e casa chálete próxima.

 —Todos os traballadores  sabiamos que diariamente, o xefe levaba sen dar contas a ninguén, unhas boas talladas de porco para o seu domicilio particular.

—Casaba daquela a miña irmán Brigitta, contaba sempre meu pai, e toda  a familia quería ter unha voda  en condicións.
 Foi entón cando ideamos aquela comedia que puido rematar en traxedia.

—Falamos co chofer, que estaba invitado a voda, e preparamos un plan arriscado.  Cando anoiteceu escollemos o porco mais grande do matadoiro.

—Puxémoslle ao porco un abrigo e mais o sombreiro do Xefe, unhas gafas de sol, atámolo co cinto de seguridade de aquela, e dicir con un adival vistoso, e puxémonos en marcha.

—Ao chegar a garita do control, o chofer abriu un pouco a xanela e esquecendo o acordado , ou cos nervios, díxolle ao garda a grandes voces: levamos o porco do xefe  a súa casa...!

— Iso non era o falado, saíulle espontaneamente, mais nos  quedamos estarrecidos agardando a resposta do policía.

—Non sei si foi  o ton, a firmeza, ou a seguridade inxenua demostrada polo chofer, os antecedentes do xefe, ou que apenas se vía o que acontecía dentro do coche, os que  deberon influír  no ánimo do garda, o caso é que  saudounos marcialmente e liscamos de alí a todo gas.

—Tivemos daquela a mellor voda da bisbarra en moitos  anos!

Non hai coma ir ca verdade por diante pensamos daquela.
E as veces ate resulta...!






sábado, 29 de xullo de 2017

A VACA FLORITA



A VACA FLORITA


Na nosa terra, as vacas poñémoslle nomes moi neutros e creo que pouco merecentes...

 Uns dinlle xovenca, outros morita, marela, ou gallarda...

Botei sempre en falla a familiaridade agarimosa e persoal  de nomes coma: Carmela, ou Filomena, poño por caso.

Pero debe seren unha tradición mal vista por quen coida afastar e cristianizar  nomes con afinidades bovinas.

O conto é que fai uns meses  un amigo meu, Anton de Ferreiro,  levou a vender ao mercado a súa vaca curiosamente chamada Florita.

 Ese nome respondía externamente ao animal.

Unha rubia galega  robusta, un fociño ancho, dous cornos ben feitos, unha  pelaxe con varios ton de marrón e  debuxos  que talmente parecían flores silvestres. Unha preciosidade de animal.

Tivo moito éxito a presenza de Florita no campo da feira; non sei si polo tamaño das súas ubres, pola prestancia do animal  ou pola mirada de indiferenza superior que mostraba ela diante do persoal ca admiraba.

O asunto é que pechouse o trato e cambiou de dono.

 Un anaco antes de entregar a cantidade acordada o comprador preguntoulle ao meu amigo:

 — É mansa  ?. Da moita leite ?...É traballadora ?

O meu amigo explicoulle ao comprador publicamente as virtudes da vaca Florita, e lle xurou solemnemente que era un animal  excepcional e que se tiña que  desfacer dela unicamente por razóns relacionadas coa crise que estabamos a vivir.

Todos os presentes baixaron a vista comprendendo a fonda  dor do sacrificio e  do intercambio forzoso por causas maiores...

A sema pasada entereime  co novo propietario de Florita levouna a vender, e  casualmente atopou ao meu amigo Antón no mesmo recinto.

Chamouno con acenos e voces  violentas.

—Ei ti Antón , ti, si , ven para  acó!!

Xuntouse enseguida un grupo de curiosos ao redor do interpelado agardando ver en que quedaba a cousa.

O comprador cos ollos avermellados, a grandes berros e axitando o aguillón da aguillada ameazadoramente díxolle ao Antón:

—Así que esta vaca era mansa, daba moita leite e mais era moi traballadora non si !

—Es un  mentireiro. Cóntasteme unha andrómena, unha falsidade. ! A vaca e lacazana e preguiceira, non da leite algunha, e por riba  é caprichosa, bravía e agresiva, dando couces a todo dios ...

—E agora que me tes que dicir !!!

O Antón sei que nin se inmutou, mirouno diante de todos os curiosos, e contestoulle:

—Ti sigue a falar asi de ben da túa vaca e xa verás a quen lla vas vender !!!

Doulle as costas e marchou entre as risas dos presentes...

Non sei porque razón  acabei pensando no noso goberno, o  da Xunta e mais o outro, e  do ben que se explican.












xoves, 13 de xullo de 2017

A SARDIÑADA








A sardiñada comezou onte as nove da noite. Rematou xa moi anoitecido.

 Recollemos na casa do Foucellas, un amigo agnóstico declarado en tempo de paz, unha manchea de carozos para as brasas, e, o noso provedor de confianza, Xan do Mariño, facilitounos mais  dun cento de sardiñas do xeito, que levaban agardando dúas horas no sal.

Os cachelos cocidos con loureiro e mais unto, fumeaban nunha pota cubertos con un pano amoroso de flores silvestres.

Asounas o propio  amigo Xan que ten desde sempre a virtude de por a grella a altura xusta para que o peixe se ase paseniñamente, e tamén porque ten os dedos de amianto, pois nin sufre nin padece ao darlles a volta delicadamente as “pilchardus”, que é coma se chaman cientificamente as sardiñas segundo Marcos o noso biólogo mariño sabio e afeccionado a este peixe.

Comín a fartar nelas, estaban ricas as condenadas... O malo e que pasei unha noite chea de pesadelos no que o peixe mais pequeno e agresivo  que soñei tiña o tamaño da balea Moby Dick.

Espertei suando a ca colcha enrolada no pescozo a piques de me afogar, a ca almofada nos pes. Unha batalla nocturna  polo visto contra un inimigo con faciana de carozos estomacales ardentes.

A culpa a tiveron as recomendacións por escrito de Don Julio Camba, que en paz descanse, que  saíron a relucir cando citou a casa de Lúculo un comensal moi lido do grupo,  e eu, por riba,  e por parvo, tomeinas  todas  ao pe da letra:

 “Un cachelo por cada sardiña que comades, e acompañando a cada sardiña un grolo de viño”.

Despois de unha ducia de cachelos, outra de grolos de viño e outra mais  de sardiñas, pasou o que tiña que pasar aos que temos delicado o estómago, pensei xa moi tarde.

 E por vez primeira este verán, botei en falla o meu bendito omeprazol.

Despois, de retirar a roupa da cama, abrir as fiestras, empapar con ambientador  o meu cuarto, buscar roupa nova,  e  finalmente, despois   dunha interminable ducha, con moito xabón da Toxa, e deixar  medio baleiro un frasco da colonia, fun quen de evitar os alarmantes cheiros que  impregnaban e mais envilecían  o meu  corpo.


O caso é que tiña razón o Camba, as sardiñas saben moi ben, pero saben demasiado tempo...