sábado, 9 de febreiro de 2013

HISTORIA VATICANISTA


HISTORIA VATICANISTA


Nun deses xantares surrealistas ós que teño asistido, tocoume a mesa dos prelados.
O remate da comida e xa ca confianza espirituosa que dá o viño, collemos folgos e acordamos contar un conto cada un dos comensais.
Tocoulle o pouco a quenlla ó arcebispo e meteulle o dente a historia seguinte:

― Morreu D. Carlos Marx o pai do comunismo e do marxismo ós 64 anos de idade.
Foi dereito ó ceo.
―Alí San Pedro esculcando no libro dos mortos dou pronto cos seus
“ datos e méritos biográficos”, advertindolle, que cos seus antecedentes de ningunha maneira podería entrar no ceo.

― Acabouno redireccionando, como se di agora en internet, cara o inferno, e polo interfono, advertiulle a Satanás que lle mandaba unha boa peza. Asunto este que non desgustou o demo en absoluto.

― Pasado un tempo - puido moi ben seren unha eternidade, ou minutos, porque alí non existe o tempo - picado da curiosidade San Pedro, chamou ó demo para saber como lle ía co ditoso Marx.

Satanás estaba realmente alporizado. Manifestoulle a Pedro que non era quen para trae o rego a Don Carlos. Que tiña armado un bo lio no inferno...

― Mira Pedro, temos folga dia si, dia non; apagáronse os fornos; fixo boa masa cos meus axudantes que están cheos de reivindicacións... e agora ten o mango da cazola ese Marx. Non durmo desde que chegou. Non podo mais!.Vou ter que deixar este choio...

San Pedro por evitar renovacións e rexeneración no inferno, - en todas partes e igual - , díxolle:

― Pois dille que quero velo, e mándamo un tempo para aquí. Vou estudar a ese individuo...

Así foi como Carlos Marx foi de novo ó Ceo.

Pasada outra eternidade, Satanás, sei que chamou a Pedro para lle preguntar polo fundador do materialismo histórico e a conversa transcorreu así...

―Pedro, son o Príncipe da Tebras.

― Dime, dime meu estimado amigo complementario!

―Queríache preguntar por Don Carlos Marx, como vos vai con el?

― Vainos moi ben, estamos encantados, ledos, somos moi bos amigos, non teño queixa algunha...!

Satanás non saía do seu asombro...

―Pero e posible Pedro?

― Que si demo que si, que estamos moi compracidos e animados con el.
E unha bendición para o ceo!!

Satanás aparvado e pampo sei que lle preguntou

― E Deus que di Pedro...?

O que lle contestou San Pedro:

―Camarada, Deus non existe!!!!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario