martes, 1 de outubro de 2013

OS PESIMISTAS DO CAMBIO

OS PESIMISTAS DO CAMBIO


Dicía José Saramago, que os únicos interesados en cambiar as cousas eran os pesimistas, pois os optimistas - sobre todo penso eu, os do PP - están encantados co que hai.
E, si o que hai é negocio na sanidade, na educación, ou nas pensións publicas, é razoable que o PP estea optimista.

O malo do asunto é que é moi perigoso misturar negocios e política, porque case sempre produce resultados inútiles e improdutivos para a sociedade en xeral, e corrupción.

Iso non o comparten nin o capital nin o mercado, pero ambos están no seu papel natural que non é outro mais co beneficio, polo tanto non enganan a ninguén que discorra un pouco pola súa conta.

Todo o xustifica este Goberno ca crise, pero están a quedar en evidencia diante do seu falso optimismo propagandístico. Basta con preguntarlle aos parados, aos pensionistas, aos profesores, aos médicos ou ás amas de casa...

Téñenos case convencidos de que non é necesario, esixir impostos axeitados o desbaratamento e a dilapidación; aos salarios estratosféricos; as enormes ganancias empresariais ; as retribucións millonarias de contratos blindados; aos beneficios millonarios das entidades de creto...

Por poñer un exemplo: as grandes empresas norteamericanas pasaron de aportar un 30% dos impostos federais en 1970, a un 6% dos mesmos no 2010. Aquí un ovo mais....Cada vez somos mais norteamericanos nestes asuntos económicos e de xustiza social.

E así aceptamos mansamente que se nos impoña a austeridade extrema, que so serve para pagar as débedas de incompetentes, ineptos e amigos da alma.
Nada disto serve para levantar o ánimo e dar alegría, nada que xustifique o actual optimismo do PP.

O discurso conservador que nos está a conducir ó cambio de modelo e de sistema político, baséase como todos sabemos na : redución do gasto público en sanidade, educación, servizos sociais, infraestruturas...e, na subida dos impostos indirectos,recortes nas pensións e nos salarios dos traballadores...a costa rescatar Caixas e Bancos, e manter unha baixa carga impositiva nas grandes empresas e nos negocios.
Isto tampouco ten nada de positivo para a sociedade. Pero si para as entidades financeiras e grandes empresas.

A idea clave do Goberno do PP, seguindo as ordes do Banco Central Europeo, o FMI, e a Comisión Europea, era, que deste xeito, se ían restablecer o creto nestas entidades, e así poderían impulsar a actividade económica, e dar moito traballo.
Non foi así.
Esa constatación non debera dar lugar a euforias, nin entusiasmos gobernamentais como os destas semanas.

As novas disposicións e leis;algúns medios de comunicación; e moitos dos nosos políticos, teño a impresión que están para impedir as interferencias nosas no camiño emprendido polo capital e o mercado, que segundo eles, é intocable e de dirección única.

Logo, ou os pesimistas de José Saramago se poñen a traballar, ou estes optimistas do PP acaban con toda a protección social, cos servizos públicos, e cos dereitos conseguidos nos últimos trinta anos, antes de rematar a súa lexislatura.
Iso si con moitas risas...




Ningún comentario:

Publicar un comentario