Meu amigo Gumersindo está convencido de que algo catastrófico vai acontecer.
Dende un apagamento ou interrupción da corrente eléctrica xeral, a algún acontecemento maior e apocalíptico.
Regaloume un equipo de supervivencia que conten cousas tan dispares coma unha navalla multiúsos, un compás, unha radio emerxencia con luz, USB, placas solares, e manivela de carga. Unha lupa, e un montón de barras hipercaloricas.
Eu contaxiado pola presunta hecatombe, engadín un detector Geiger, e un GPS.
Supoño que chegados a ese punto extremo valeran de pouco pero, non é o mesmo morrer de xeito diferido que estirala pata nus dias por fame e sede ou raios gamma.
Levo tamén un libro de lectura electrónica con trescentos libros escollidos por min.
Xa postos a resistir a lo menos ter con que entreterse.
Os primeiros días – de se prolongar a crise menor – teño que esgotar as reservas do conxelador, no que repousan varios polbos da ria, unhas picañas, e varios tarros con lentellas boísimas.
Unha fartura que provocara sen dubida indixestións froito das circunstancias. Teño que pensar tamén no bicarbonato.
Non sei a estas alturas se engadirlle a mochila de emerxencia algúns dos medicamentos que en número de media ducia, consumo decote.
Se non sucede nada, pasaríame como ten sucedido tantas veces, e preocuparíame por cousas que non pasarán, e, iso, ponme moi ansioso, durmo mal, e teño que volver a tomar hipnóticos a manta, pero iso é parte da aventura de se amargar a vida.
Quedades advertidos do que se aveciña ou pode darse, a fin de contas a esencia de nos gobernar é previr o que por sorte case nunca sucede.
E de non suceder a alegría que nos levamos compensa o gasto en foguetes e gastroenteritis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario