martes, 20 de agosto de 2013

XAN DE CAMBOÑO E AS PRIMARIAS

Xan de Camboño e as Primarias


Xan de Camboño é un exemplo de compañeiro autodidacta, de home libre que expresa o que pensa honestamente sen medo algún, e que fala cando lle peta un fermoso castelán, ademais, é, seareiroselección española de fútbol...
Vive ca súa dona nunha pequena casa desde a que se ve ó lonxe o mar, e unha parte da Ría.
De sempre recordo aquela casa recen pintada e moi limpa, chea de recordos en forma de fotografías da familia e dos amigos, e unha numerosa colección de cunchas de vieira pintadas por el mesmo con retratos e paisaxes cheos de color. Nas ventás unhas enormes macetas de xeranios, que di, serven para espantar os mosquitos.

Ten Xan unha pequena biblioteca na sala de estar, ademais dunha randeeira moi vella, un sofá fronte o televisor, unha mesa redonda con catro cadeiras e, unha galería de madeira de castaño que mira o mar.

Pódese ver dunha ollada no moble dos libros obras clásicas de : Quevedo, Flaubert, Gogol, Dostoievski ou de Cervantes; outros de historia, economía e filosofía de Gibbon, Zweig; Galbrait, Marx, Ortega...
E tamén unha pequena escolma de literatura de ficción, ciencia e mais de ensaios, algo sobados todos,...O que sempre e sinal de lectura...

Este verano,entre paseos e conversas, Xan, fíxome o regalo das súas opinións e comentarios que me pareceron orixinais por ter pouco que ver codiscurso dominante ou co chamado politicamente correcto.
Daquelas tardes recollo e mais escribo, porque me peta, e porque comparto en boa medida, algunha das súas reflexións.

Temos soportado caladamente, insultos e argumentos absurdos de algúns nacionalistas, que pola mañá co-gobernaban connosco, e, pola tarde eran a nosa oposición mais desleal e aleivosa nos medios de comunicación.

Estou farto de escoitarlle a eses novos inquisidores, a teoría da tiranía exterior o respecto da nosa vida e mais da economía da nosa terra; as parvadas dos deuses e os demos propios; dos heroes, das lendas e dos mitos; a afirmación de que os símbolos da nosa Terra lles pertencen; que o idioma galego e cousa que saben defender eles,ou que os socialistas galegos somos simplemente uns sicarios do poder central.

Teñen convertido con éxito inexplicable, co lugar de nacemento é, algo mítico e transcendental incluso neste mundo global.
O malo disto, é, que diante desas parvadas, calamos coma estúpidos aparvados !.

Todo o aparello ostentoso da política nacionalista, forma parte dos seus murchos discursos teóricos, porque do que é gobernar e resolver problemas, pouca cousa, e con moito rebumbio propagandístico e medallas exclusivas, case sempre...

Este comportamento seu, nos ten distraido moitas veces de analizar os feitos de cada quen; o modelo de Pais que desexamos defender; e, incluso, pon en evidencia, a nosa pusilánime e probe defensa e posta en valor dos nosos propios proxectos e realizacións concretas.

Isto acontece, entre outras razóns, porque socialistas tendemos a esquecer axiña, de xeito incomprensible para min, que cando gobernamos España, fomos quen de vertebrala, de facela entrar en Europa, de asinar os Pactos da Moncloa; de cuadriplicar a rede de autovías e autopistas,e por en marcha o AVE, en sete anos.
E por se todo isto fora pouco, incrementamos coma nunca na historia do noso País o gasto público en pensións, sanidade, educación... aprobando leis de forte contido social.

E tamén porque temos unha grave, enfermiza e permanente tendencia colectiva a autocrítica destrutiva da nosa xestión e traballo, que é suicida, e que a nos, nada nos resolve, mentres ós contrincantes políticos, e a certos medios de comunicación conservadores, dálles mancheas de argumentos para nos criticar...

Entregamos no ano 1996 a xestión do País, ó Presidente Aznar e o PP, por mandato das furnas, despois de pagar nosos erros,(que en relación cos dós goberno actual, foron ben pequenos).

Entregámoslle a este personaxe hierático e inexpresivo, unha situación social e mais económica moi boa.

Coido eu, co mérito sobranceiro de Aznar foi manter e mellorareconomicamenteo recibido.
Soubo recoller e utilizar, o seu xeito, a colleita do noso goberno de entón.

Pero para compensar tanta intelixencia e mérito, Aznar, meteunos nunha guerra impopular, a de Iraq; acabou por privatizar o mellor das empresas públicas rendibles, iso si, en beneficio dos grupos financeiros que o axudaron a chegar ó poder; sentou a bases legais para urbanizar indiscriminadamente e de xeito salvaxe, todo o territorio en nome do seu concepto de economía de mercado, e, iniciou a técnica da mentira política permanente do PP, cos atentados islamitas do 11 de Marzo do 2004.

Daquela desafortunada e depredadora decisión de política territorial súa, nacería en boa medida a terrible burbulla inmobiliaria... que nos, non puidemos, nin soubemos desmontar en plenoéxito de crecemento económico e de traballo”.

É, desde aquela, cando se instala e xeneraliza sobre todo, a cultura da riqueza inmediata, do entretemento banal nas televisións, do todo val, e da impunidade política.

Agora fai case dous anos que perdemos o goberno de España por mor dunha mala xestión no económico, en boa medida froito da fonda crise mundial.
Desde entón non pararon os dirixentes do PP, e os seus múltiples portavoces militantes e medios, de recordárnolo dia a día, para así xustificar os recortes e os incumprimentos programáticos diante da opinión publica.
E, os socialistas, seguimos a calar e a baixar a cabeza sen retruque, mentres rifamos enfurruñados entre nos.

Agora chegan as nosas Primarias. Sabemos que temos urxente obriga de recompoñer o partido, por dentro, e por fora, cambiar a estrutura de funcionamento e a moitos dos responsables co dirixen.
Pero eu, teño dubidas de se somos conscientes de que iso unicamente depende de nos, de cada un de nos mesmos.!

Coido que nada disto valerá un chisco, se non cambiamos as nosas actitudes e comportamentos; se non esiximos as novas executivas, respostas diferentes ós problemas de Galicia e do noso Partido.

De nada valerán as Primarias se nos sabemos cada un de nos contrarrestar as críticas interesadas, alí onde se produzan.
Se non dispoñemos dun proxecto e dun modelo propio para Galicia, baseado nas nosa realidade e nas mais fondas conviccións e ideais socialistas.

O PP galego é xa un desfeita de inacción, de cinismo, de inoperancia, e cousas peores, pero os militante somos pouco activos e críticos na denuncia desta situación.

Seguirá este PP de aquí e o de acola, facendo cortes e recortes, triscos e anacos a nosa liberdade, a protección social e os servizos públicos, todo elo con absoluta desvergonza propia e demasiada tolerancia nosa.
Seguirá o PP botándolle a culpa do que acontece ó PSOE, apoiándose sempre nas súas maiorías e mais en determinados medios de comunicación, dos que destaca a TVG ou na TVE.

Os nacionalistas van seguir mantendo a súa falacia dalexitimidade de orixe, que lles permite, descualificar colectivamente a calquera cos critique, a base de provocar medo ós apoucados, ou de nos converter enmalos galegos, polo simple feito de non aceptar as súas opinións ligadas ao territorio é o idioma, que seguen a manter, e crer eles, que é “da súa exclusiva propiedade e competencia.

Esta é a oportunidade de nos demostrar a nos mesmos que un novo tempo comeza para recuperar a nosa dignidade e o benestar. Nese tempo temos que ser mais protagonistas, para dar resposta axeitada ós problemas de España e Galicia.

Non podemos acertar sempre, pero temos a obriga de nos trabucar menos, e, de crer mais en nos mesmos que ate o de agora...



















Ningún comentario:

Publicar un comentario