AS
REFLEXIÓNS
POLÍTICAS
DE
SERAFÍN
Meu
amigo Serafín
sostén que
el nunca
elixe -
de poder
evitalo -
aquelas opcións
que poden
prexudicalo a
el, ou
a súa
familia.
Inclúe
nesta selección,
desde os
intereses
bancarios,os
amigos, a
elección de
médico, os
clientes no
seu traballo,
etc, que
procura sexan
sempre os
mellores e
mais fiables.
Recorre
para obter
as mellores
condicións
económicas
varias oficinas
bancarias, e
finalmente
acorda as operacións ca entidade que
lle ofrece
as mellores
opcións;
pregunta a
coñecidos e
profesionais cal
é o
mellor
especialista para
calquera doenza;
descobre algúns
amigos “novos”,
(os vellos
son intocables),
ós que
previamente
somete a
pequenas probas
de xenerosidade
e bonhomía
con éxito
e, logo
failles pequenos
favores,
“prevendo que
algún día
mos fagan
a min
un pouco
mais grandes”;
elixe só
clientes dos
que coñece
súa solvencia,
e así,
me conta,
en moitas
outras
actividades...
―Non
sempre acerto
de cheo,
pero case...
case....
A
única excepción
ou torpeza
que ten
cometido con
demasiada frecuencia
- segundo
comenta -
é, na
elección dos
seus
representantes
políticos.
― Non
dou unha
no cravo.
Cando creo
que van
cumprir co
programa político
que mais
me convén,
non o
executan. O
reviran de
pes a
cabeza!. Como
acaba de
facer o
PP.
―Se
non cumpren
co contrato
escrito, viñan
sendo coma
se un cliente
fora malo,
o medico
perigoso, o
banco estafador,
e, o
amigo, un
cínico
aproveitado e
mentireiro. E
iso e así,
salvo que
favorezan os
meus intereses;
porque para
min, para
os empresarios e
a maioría
da xente
o digan
ou non,
os intereses
individuais están
por riba
dos colectivos.
― Nunca
me preocupou que lle botaran as
culpas da súa
política ós que
lle precederon,
sempre que servira para seguir favorecendo meus negocios, nos que
nunca roubei a ninguén, pero nos que está permitido legalmente,
enganar un pouco...
E
logo Serafín,
lle comento
entre risas,
que tes
decidido facer
no futuro
para non
equivocarte neste
asunto.
―Non
existe case
ninguén que
vote sen
seleccionar, pero
si existen
moitos imbéciles
coma min,
que seleccionan
sen intelixencia
nestas cousas
tan delicadas...
Como
cales ?,lle
pregunto con
certo intres
― Pois
coma aqueles
que cren que
os conservadores
defenden e
dánlle
prioridade os
mais necesitados,
os parados,
os empregados,
ou que
son quen
de xestionar
mellor os
servizos
privatizándoos...
Non é
así, os
conservadores
teñen a
obriga de
defender os
poderosos, os
que gozan
de privilexios,
de poder,
de recursos
económicos, ás
grandes empresas,
os bancos
e os
financeiros...
Pero
logo, se
sabes isto,
porque os
votaches ?
― Porque
crin que
tendo un
taller pequeno,
dous pisos,
un coche,
tres empregados,
un fillo
na universidade,
e catro
amigos
importantes, eu
era un
deses tamén
carallo...!.