domingo, 21 de abril de 2013

AS BOAS PREGUNTAS SON A SOLUCIÓN



AS BOAS PREGUNTAS SON A SOLUCIÓN

Unha charla de ex-parlamentarios nun instituto de Santiago. Unha mesa de invitados con Xesús Veiga, Asunción Yeguas e mais eu mesmo.

Despois dunha breve presentación audiovisual sobre ó Parlamento Galego, unha rolda de cada un de nos con intervencións xenéricas de dez minutos, logo, douse paso as preguntas dos mozos.

A corrupción; os escraches, os programas e as promesas políticas incumpridas; a participación social; as iniciativas populares; as preferentes, os desafiuzamentos ...

Recordei a Benedetti. “Cando criamos ter todas as respostas, teñen cambiado todas as preguntas...”

Os alumnos pregúntanse o que realmente está a suceder no Pais... ou dito de outro xeito, preguntan por aqueles asuntos que preocupan na sociedade e, dos que o goberno de España e de Galicia ou non falan, ou non resolven.

Os silencios dos nosos gobernos serven para corromper a verdade e incluso para terxiversala. Eses silencios están a poñer en evidencia a falla de solucións diferentes as que impoñen os grupos de presión económicos financeiros internacionais. Silencios que están permitindo se escoiten mellor os gritos dos que perderon o seu traballo, o seu patrimonio, a saúde, os servizos igualitarios, ou a   perda de liberdades conseguidas...

A este respecto as preguntas e as respostas ás mesmas, deberían servir para a lo menos, entender as esencias, as causas, de canto nos está a acontecer. Sen esa razón de fondo non hai solucións de consenso posibles.

Sumémoslle a elo unha educación, que non acaba de ensinar a argumentar e razoar, para formar persoas autónomas e independentes con capacidade de gobernarse a si mesmas, e, unha información disfrazada de opinión en algúns medios de comunicación, e chegaremos a conclusión de que se nos está a privar dos instrumentos para dispoñer de unha mínima capacidade critica, e de análise persoal.

E dicir, nos están colectivamente forzando, de xeito tendencioso e subxectivo, a aceptar respostas e solucións simples, a cuestións complexas que requiren acordos moi cavilados.

Teñen o seu aquel esas charlas que deberan de ampliarse xustamente entre o colectivo estudantil, facilitando deste xeito o dialogo e a participación cos alumnos, propiciando así un maior intres pola política e as institucións, que poden chegar a evitar, nos mais novos, un maior desafecto polas mesmas, desafecto que é sempre o caldo de cultivo para oportunistas e demagogos que están mesmo.



1 comentario: