sábado, 16 de xaneiro de 2016

O INSPECTOR DE ENSINO



Contaba meu tío Manolo, que pouco despois da guerra civil a maioría dos mestres “seleccionados” polo réxime para exercer o ensino, tiñan unha deficiente preparación. “Dos que estudamos, ni che conto”.

Nunha ocasión na escola rural a que meu tío asistía como alumno chegou de súpeto nun coche oficial con chofer un inspector de ensino.

O don Gaudencio, mestre desa escola, case tivo un sincope nada mais presentarse o alto funcionario… non sabia que lle ofrecer: viño, boroa, uns ovos recen collidos…

Non se preocupe vostede por min estimado amigo, veño simplemente a comprobar o grado de preparación dos alumnos, e mais a ofrecerlle a mina colaboración no que precise.

Despois do rebumbio inicial, o Sr. Inspector preguntou a toda a clase si coñeciamos o himno nacional. Daquela a música era a mesma que hoxe, pero tiña letra.

Don Gaudencio mandou axiña por a clase en pé, e recordaba sempre meu tío Manolo, que cantaron con moito “espiritu nacional” aquel :  “Viva España, alzad los brazos hijos del pueblo español, que vuelve a resurgir…”,  toda unha chea de mociños  famentos, desnutridos, vestidos con  farrapos, calzando zocos, e cas  facianas cheas de medo…

O Inspector, mostrouse satisfeito, e sinalando co dedo a un deles, o Monchiño, fillo dun paseado durante a guerra civil,  pediulle de forma un tanto imperiosa que lle contestara a unha soa pregunta.

Dime rapaz, sabes que escribiu Crime e Castigo. ?  Espetoulle
O Moncho puxo os ollos en branco e contestoulle:  Mire Sr. eu non fun! 

Iso xa o supoño, pero estou seguro ca ti, se o pensas un anaco saberás quen o fixo e mo vas dicir…

 O Moncho, palideceu, e sei que mollou os pantalóns un chisco, baixou a mirada e volveu a falar con un fío de voz  para repetir : Eu xúrolle que non fun Sr. !

Nestas, Don Gaudencio, moi palido e tembloroso, mandou sentar a Monchiño, e  dirixíndose o Sr. Inspector lle dixo:

Sr. Inspector, con toda humildade e respecto asegúrolle a vostede que coñezo ben  a este neno e mais a súa familia, e podo asegurarlle polo meu honor, que eles non foron. !!!.