Contaba
meu tío Manolo, que pouco despois da guerra civil a maioría dos mestres
“seleccionados” polo réxime para exercer o ensino, tiñan unha deficiente
preparación. “Dos que estudamos, ni che conto”.
Nunha
ocasión na escola rural a que meu tío asistía como alumno chegou de súpeto nun
coche oficial con chofer un inspector de ensino.
─ O don Gaudencio, mestre desa
escola, case tivo un sincope nada mais presentarse o alto funcionario… non
sabia que lle ofrecer: viño, boroa, uns ovos recen collidos…
─ Non se
preocupe vostede por min estimado amigo, veño simplemente a comprobar o grado
de preparación dos alumnos, e mais a ofrecerlle a mina colaboración no que
precise.
Despois
do rebumbio inicial, o Sr. Inspector preguntou a toda a clase si coñeciamos o
himno nacional. Daquela a música era a mesma que hoxe, pero tiña letra.
Don
Gaudencio mandou axiña por a clase en pé, e recordaba sempre meu tío Manolo, que
cantaron con moito “espiritu nacional” aquel :
“Viva España, alzad los brazos hijos del pueblo español, que vuelve a
resurgir…”, toda unha chea de mociños famentos, desnutridos, vestidos
con farrapos, calzando zocos, e cas facianas cheas de medo…
O
Inspector, mostrouse satisfeito, e sinalando co dedo a un deles, o Monchiño, fillo
dun paseado durante a guerra civil,
pediulle de forma un tanto imperiosa que lle contestara a unha soa pregunta.
─ Dime rapaz, sabes que escribiu
Crime e Castigo. ? Espetoulle
O Moncho
puxo os ollos en branco e contestoulle:
Mire Sr. eu non fun!
─ Iso xa o supoño, pero estou seguro ca ti, se o pensas un anaco saberás quen o fixo e mo vas dicir…
O Moncho, palideceu, e sei que mollou os pantalóns un
chisco, baixou a mirada e volveu a falar con un fío de voz para repetir : Eu xúrolle que non fun Sr. !
Nestas,
Don Gaudencio, moi palido e tembloroso, mandou sentar a Monchiño, e
dirixíndose o Sr. Inspector lle dixo:
─Sr. Inspector, con toda humildade
e respecto asegúrolle a vostede que coñezo ben
a este neno e mais a súa familia, e podo asegurarlle polo meu honor, que
eles non foron. !!!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario