xoves, 26 de setembro de 2013

QUE ME QUEDE COMA ESTOU

QUE ME QUEDE COMO ESTOU !...


Que me quede como estou !...

Estamos a dixerir a grandes bocados o que nos conta calquera fonte informativa, e nestes momentos xa metabolizamos con euforia a ilusión dunha recuperación económica.

O poder económico ten influído e inflúe nas decisións políticas ou ben a traveso da compra de políticos; ou cas “axudas” económicas a determinados partidos; ou introducindo nas formacións políticas a persoas do mundo da empresa; ou facilitando o futuro profesional de certos responsables,e, sempre, intervindo tendenciosamente nos medios de comunicación.

O capitalismo liberal, agora chamado “ sistema de libre empresa”, para evitar as connotacións negativas do “ capitalismo real”, se ten corrompido desde o momento en que conseguiu pasar o poder de decisión dos políticos, ós financeiros e os grandes empresarios.

Hoxe os primeiros, cas naturais excepcións, están o servizo deste sistema inhumano e inxusto. Deberán ser castigados por nos...en pura lóxica.

Pero moito me temo que está a piques de triunfar a lóxica da conveniencia política do goberno, impulsada desde o poder económico, sobre a lóxica das consecuencias sociais da súa política, que tanto nos están a afectar.

O modelo de protección social Europeo froito de mais de un século de loitas, está sendo destruído sistematicamente, por un modelo único de “ libre empresa”, algo que segundo nos contaba Josep Fontana, ni tan sequera conseguiu o fascismo.

Agárdanos,de seguir por este camiño,un futuro de regresión, inxustizas, insolidariedade e indignidade. Onde cabe a “escravitude”, a submisión, servidume, e a explotación, perfectamente compatibles ca democracia e co cristianismo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario