xoves, 14 de maio de 2020

ME CAJO NO VIRUS, EN SERAFINA, E MAIS EN QUEN OS FUNDOU


“ME CAJO NO VIRUS, EN SERAFINA, E MAIS EN QUEN OS FUNDOU”

A Serafína é a miña menciñeira de sempre, a ela acudo tanto cando teño caída a espiñela, presinto  un mal de ollo ou calquera outra peleirada.

 Teño moita fe nela. E muller culta, preparada, fixo de moza ate segundo de enfermería en Compostela; deixouno porque sei que tivo unha revelación do Santo dos Croques, que lle falou e lle dixo:  “Serafína, deixa os estudios  e vai para a túa casa, e triunfa alí onde fracasan os médicos”...

A Serafína, coma vos digo, ten moita man, e mais  un poder curativo que lle ven de Deus, e dos seus estudios, ou a lo menos ela sempre  mo recorda antes de receitarme os seus remedios: “No es por mi poder, ni por mi sabiduria, es por el poder de Dios y de la Virgen María”.

 E, o expresa en castelán porque colleu esa rutina e mais  para que lle entendan os madrileños, e vascos, que tamén son clientes cada verán na aldea.

Fai unha sema fun cabo dela con cara de can a facerlle unha consulta.

A cada pouco teño, ou creo ter, os síntomas do cabrón ese do virus, díxenlle dun tirón.

 Expliqueille tintín por tintín as dores en todo o corpo, as toses nerviosas, e a miña intranquilidade, meu insomnio, e a miña tristura.

—Coma todos os médicos están coa casca no cu,  e coma a proba xa ma fixeron tres veces e non da a cara o bicho, eu, creo que van de changüí.

 E de ti a min Serafína, coido que están por me tomar o pelo e calan coma petos, pero saber saben algo que non me contan.
Eu teño que ter o virus ese! E non vou ao rego coas súas   explicacións.

A Serafína, coa mesma, mandoume sentar, doume a beber unha copa de augardente de  herbas para me tranquilizar  ou anestesiar un pouco, colleume das mans, miroume aos ollos  e, díxome:

— Ti Xosé, estas enfermo, pero  precisas mais consellos que medicinas.
Tes unha enfermidade epidémica do espírito, chamada o síndrome  do fura-olas errático.

 Canto tempo levas sen falar ou  sen xogar ao tute cabrón cos amigos? Canto levas sen darlle as “boas noites ben dadas” a túa dona? Cantos anos fai que non les un libro?
Ti o que estás é esgotado por exceso de repouso.

E ca mesma, receitoume oito horas pola maña, e tres pola tarde de exercicio cardio saudable co sacho na miña  horta, plantando legumes, cebolas,  tomates e  mais patacas.
Cobroume dez euros e unha galiña poñedora. Pagueille e me fun.

Agora, sete días despois desa consulta, non sei si terei que ir ao médico do seguro, que é de balde, porque o virus de seguro que non o teño, pero doer dóeme moito de dios o lombo...








Ningún comentario:

Publicar un comentario