xoves, 14 de maio de 2020

O VIÑO DE ROQUE



O VIÑO DE ROQUE

 

 O Roque, fillo de familia moi humilde, foi o contable dunha pequena empresa dedicada a fabricar licores en Vigo durante moitos anos.

 Sendo  novo casou de penalti cunha moza de casa rica da parroquia de  Andrés en Ribadumia, en contra da vontade da familia dela.

O sogro do Roque, o señor Roxelio, nunha ocasión fai uns anos, e con motivo dunha visita do xenro a casa grande de Ribadumia, e  co ánimo de humillalo e burlarse del propúxolle o seguinte:

—Mira Roque como traballas nunha  empresa do sector, dou por feito que saberás preparar un bo viño,  ti, xa sabes que teño uns cen ferrados plantados con vides de albariño, treixadura, e loureiro. Supoño coñeces bes esas calidades.
Ai tes un pequeno barril, un coitelo e unha cesta, recolle as uvas e  demóstranos que cando eu falte, ti, poderás preparar a colleita e  facer algo útil ademais de contar os cartos dos ricos.

O Roque, que  sabía de números, costes de produtos, alugueres e hipotecas, pero de viños e licores nada de nada,  díxolle sen pensalo, iso está feito, o viño non ten segredos para min.

Nada mais chegar a súa empresa dirixiuse ao enólogo da mesma e contoulle  o reto do sogro  entre saloucos, e a súa estupidez o aceptar esa endiañada encomenda.

 O enólogo, por acalmalo,  propúxolle un plan, o llo explicou polo miúdo varias veces:

 —Tes que escoller os mellores acios, desinfectar o barril, facer un pé de cuba, e sobre de todo controlar a temperatura da fermentación.
 Doulle un termómetro da empresa, e recomendoulle unhas bolsas de plástico para enchelas de auga e conxelala, por se na fermentación “collía moita temperatura o fermento, morría ca febre, e non fabricaba ou desdobraba mais alcohol”.

Chegado o tempo da vendima, e aproveitando unha ponte festiva, o Roque, foise a aldea e buscou a cesta para recoller dous días antes da colleita uns acios de uvas, e deste xeito preparar o pé de cuba, entre as risas dos da casa.
Foi un por un foi escollendo os mellores, os mais maduros os mais sans e bonitos.

 Estrullou as uvas recollidas nunha bañeira de zinc e apartoulles a cangalla para facer o pe de cuba; outra vez entre as gargalladas dos da casa, que descoñecian esa  técnica para obter fermentos de arranque inmellorables.

Participou cos demais na colleita dous dias despois, e seguiu escollendo as mellores uvas entre a indiferenza e desprezo do sogro. A fin de contas eran uns poucos quilos.

No seu pequeno barril mesturou as uvas da colleita persoal e as recollidas dous días antes para o pe de cuba, que estaban fermentando, o que provocou o arranque da súa colleita as poucas horas.

 Tomoulle a temperatura ao viño varias veces, e baixoulla ate os límites aconsellados cas bolsas cheas de xeo, para  deste xeito conseguir aumentar o grado alcohólico de forma natural.
Dia e noite coidou do seu viño coma se do fillo, que non tiña, se tratara.
O Roque, provocou moitas veces as burlas e chacotas dos presentes que non entendían nada das súas idas e voltas.

Meses despois, chegou o tempo de abillar, amañaron os bocois, e tamén o pequeno barril do Roque.

Chegaron os amigos expertos catadores a probar e valorar  a colleita.

Preparouse un pouco de xamón, queixo, e pan, nunhas bandexas, para alternar entre  probas.

Un dos “especialistas” mais  afamados era o parroco Don Froilán, catador respectado en todo tipo de viños, incluídos os da misa, e home de sentencias finais irrevogables para tódolos presentes.

Cataron os caldos do señor Roxelio.

Agardaron  todos con expectación o veredicto.
 O cura mirando para o sogro do Roque espetoulle sen piedade:  Este viño Roxelio inda  ten a xesta, ten que pasarlle moito frío por riba para poder bebelo. Estache con moita acedume. !
Os demais asentiron con unanimidade.

Chegou a despedida dos invitados, e cando ían saíndo da adega o Roque con un fío de voz  díxolles:

E logo non proban o viño que eu fixen?

E degustaron aquel viño, e  miraron ao tras luz a súa cor, uliron o seu aroma,  e finalmente volveu a falar o señor cura, esta vez con voz de púlpito en domingo e con un sorriso anxelical sei que  sentenciou :

Este é o mellor albariño que teño probado en moitos anos, este viño devólvelle a fe a calquera, isto é unha  prodixiosa obra da arte..!

Desde aquela o Roque mira por riba do ombreiro ao seu sogro, que non lle volveu a pedir mais colaboracións vinícolas, e lle colleu  unha admiración respectuosa; suplicándolle entón lle explicara como se facía o famoso “pe de cuba”.

E xa se sabedes o resto, a quen sabe facer bo viño, non lle faltan amigos!
Por iso o Roque desde aquela ten no seu sogro un dos seus mellores valedores.



   



     




ME CAJO NO VIRUS, EN SERAFINA, E MAIS EN QUEN OS FUNDOU


“ME CAJO NO VIRUS, EN SERAFINA, E MAIS EN QUEN OS FUNDOU”

A Serafína é a miña menciñeira de sempre, a ela acudo tanto cando teño caída a espiñela, presinto  un mal de ollo ou calquera outra peleirada.

 Teño moita fe nela. E muller culta, preparada, fixo de moza ate segundo de enfermería en Compostela; deixouno porque sei que tivo unha revelación do Santo dos Croques, que lle falou e lle dixo:  “Serafína, deixa os estudios  e vai para a túa casa, e triunfa alí onde fracasan os médicos”...

A Serafína, coma vos digo, ten moita man, e mais  un poder curativo que lle ven de Deus, e dos seus estudios, ou a lo menos ela sempre  mo recorda antes de receitarme os seus remedios: “No es por mi poder, ni por mi sabiduria, es por el poder de Dios y de la Virgen María”.

 E, o expresa en castelán porque colleu esa rutina e mais  para que lle entendan os madrileños, e vascos, que tamén son clientes cada verán na aldea.

Fai unha sema fun cabo dela con cara de can a facerlle unha consulta.

A cada pouco teño, ou creo ter, os síntomas do cabrón ese do virus, díxenlle dun tirón.

 Expliqueille tintín por tintín as dores en todo o corpo, as toses nerviosas, e a miña intranquilidade, meu insomnio, e a miña tristura.

—Coma todos os médicos están coa casca no cu,  e coma a proba xa ma fixeron tres veces e non da a cara o bicho, eu, creo que van de changüí.

 E de ti a min Serafína, coido que están por me tomar o pelo e calan coma petos, pero saber saben algo que non me contan.
Eu teño que ter o virus ese! E non vou ao rego coas súas   explicacións.

A Serafína, coa mesma, mandoume sentar, doume a beber unha copa de augardente de  herbas para me tranquilizar  ou anestesiar un pouco, colleume das mans, miroume aos ollos  e, díxome:

— Ti Xosé, estas enfermo, pero  precisas mais consellos que medicinas.
Tes unha enfermidade epidémica do espírito, chamada o síndrome  do fura-olas errático.

 Canto tempo levas sen falar ou  sen xogar ao tute cabrón cos amigos? Canto levas sen darlle as “boas noites ben dadas” a túa dona? Cantos anos fai que non les un libro?
Ti o que estás é esgotado por exceso de repouso.

E ca mesma, receitoume oito horas pola maña, e tres pola tarde de exercicio cardio saudable co sacho na miña  horta, plantando legumes, cebolas,  tomates e  mais patacas.
Cobroume dez euros e unha galiña poñedora. Pagueille e me fun.

Agora, sete días despois desa consulta, non sei si terei que ir ao médico do seguro, que é de balde, porque o virus de seguro que non o teño, pero doer dóeme moito de dios o lombo...








mércores, 22 de abril de 2020

O PANO DE MAN



O PANO DE MAN

O Andrés naceu fillo único duns caseteiros. E dicir fillo de labregos pobres sen terras de seu.
Tiñan coma patrimonio exclusivo o Rosendo e a  Domitila pais do Andresiño, unha vella casa de planta baixa de dúas augas, con dúas habitacións cociña e lareira, e unha  corte valeira de animais.

 O pais traballaban arreo por un pequeno xornal no gran  pazo de  Don Honorato, home de poder señorial que alí vivía ca súa dona  rodeado  duns xardíns enormes, manancial propio, dous hórreos de vinte pes cada un, un pombal de 10  metros de altura, e ate unha igrexa na que celebraba o párroco don Serapio misa tódolos dias para os donos da propiedade.
Era a familia de Don Honorato moi devoto da Virxe dos Desamparados.

A  muller era  soberbia e  de baixos instintos, ca levaba a depreciar a os serventes e caseteiros, a quen insultaba con nomes como, zalapastran, farfalláns, langrans, ou, os aparvados.

Pasados uns anos o pai  de Andrés recibiu unha carta  dun veciño e gran  amigo seu desde Venezuela, o Teófilo,  que lle axuntaba un billete de 500 pesetas e o aconsellaba emigrar a Maracaibo.

—Acó, dicíalle nela, teño unha pequena explotación petrolífera que me vai ben, e preciso de xeito urxente man de obra de moita  confianza, ou ves ti o mándame ao teu fillo.

O señor Rosendo, decidiu enviarlle ao Andrés, que tiña daquela cumprido os 16 anos.

O Andrés, traballou  dia e noite coma aprendera dos seus pais.
E pasado o tempo, sabia todo dos negocios  do  Teófilo.
Este, o Teófilo, enfermou, e deixoulle a empresa ao Andrés, que quería coma fillo propio, e  que chegou deste xeito a ser un dos empresarios mais ricos de Venezuela.
O Andrés decidiu, contando con 53 anos, nun golpe de morriña, vender a explotación e  retornar a súa parroquia.
Antes  de elo mandou mercar e restaurar o Pazo de Don Honorato  que daquela estaba en ruínas.

Chegou o Andrés a súa terra, e o primeiro que fixo foi dirixirse a o novo párroco, entregarlle unha boa axuda para mellorar a igrexa parroquial, e  pedirlle un consello que polo visto foi asi:

—Veño ao lugar onde nacín porque quero aquí vivir e morrer.
 Preciso señor cura, eu  que non teño experiencia algunha das mulleres, coñecer unha axeitada para min nesta parroquia.
 Non veño a facer negocio algún nin preocuparme de nada parecido, non o preciso xa.
Quixera que vostede que sabe case todo sobre as familias e as mozas de aquí,  me elixira unha para me casar con ela, co ánimo e intención de deixar nas súas mans, o pazo e  canto teño, a alguén que saiba administralo, coidarme,  e favorecer  aos mais necesitados deste lugar.

O señor cura, abraiado e confundido como bo practicante católico, comprometeuse a comunicarllo aos veciño na misa do domingo, e así foi.

Alí mesmo e voluntariamente, para tan grande obxectivo social,  presentáronse unha ducia de mozas ca mellor boa fe e sen interese aparente, e dicir  sen ter en conta a  boa planta e poder económico de Don Andrés, que daquela xa era “Don” para todos os veciños.

A selección, dando por suposto que todas as mulleres eran honestas, e traballadoras, por suxestión do señor cura realizouse do seguinte xeito:

A cada moza se lle entregaría un pano de man igual, que todas elas mollarían ao mesmo tempo no manancial do Pazo, e despois estendendo o brazo agardarían a que fora o vento os que os fora secando.
O primeiro que secara, de acordo co tribunal, formado polo sacerdote e tres persoas moi respectadas da parroquia, sería a nova dona do Pazo e dona tamén de Don Andrés.

O certo e  que tódalas mozas eran merecentes de louvanza, todas intelixentes, traballadoras e honradas, pero postos a buscar algunhas diferencias, a Lucia, era claramente a mais fea de todas elas.

A Lucia, non era bonita pero non tiña nada de tonta para compensar outras eivas. A natureza e moi sabia.

Unha vez mollados o panos de man e con el a vista nos brazos das mozas, unhas rían, outras nerviosas falaban entre elas de cousas de ir e vir, outras miraban ao ceo o parecer pedíndolle algún favor... e mentres tanto, a Lucia, axitaba ao vento de dereita a esquerda  o brazo con pano de man, e berráballe entre gargalladas as súas amigas:

—A min tanto me da casar coma no, casar coma non, casar coma non, casar coma non !

Hoxe a Lucia é o amor de Don Andrés, e teñen un par de fillas preciosas nun Pazo, onde a  cociña e a  capela están abertas para todos, pois non so de pan vive o home... ou as mulleres. 
     


luns, 5 de novembro de 2018

AS PATACAS




AS PATACAS

O Monchiño naceu na Galicia do interior nos finais dos anos 50.

Daquela no seu concello non se vía a televisión. Por non ver nin tan sequera se vía polas noites na súa casa nada, sen  un candil de carburo.

A súa nai, viúva,  e xornaleira, tivera catro fillos, herdou una chabola pequecha e unha horta de pouco mais  dun ferrado.

Nesa guicha plantaba tódolos anos, patacas, e algunhas verduras.

Tiñan tamén a finca un par de cereixos, unha maceira,  unha nogueira e media ducia de galiñas poñedoras.

O Monchiño era o pequeno dos irmáns, un rapaz sempre con fame, un omnívoro que o mesmo comía  das cereixas, das mazás, que  das noces as mais das veces, con un pouco de boroa; e nas festas, unha tallada de porco ou polo, pero iso si, que non faltara nunca o caldo  da súa nai, feito con algo de unto, grelos ou repolos, e moitas, moitas patacas da súa horta.

O Monchiño era un comedor de patacas brancas, amarelas, ou marróns, o asunto era comelas de abondo para encher o bandullo. O Monchiño soñaba dia e noite cas patacas do caldo.

Unha mestra  nova decidiu levar a varios nenos a Coruña a ver a cidade e o mar, para todos eles, este, era  un gran descoñecido.

Despois  dunha viaxe de  unhas dúas horas, arribaron a capital da provincia, e  unha vez alí  os nenos abraiados non sacaban os ollos das rúas e das altas edificacións, dos trolebuses, dos escaparates, e das moitas persoas que circulaban ao seu carón.

Chegaron camiñando ate a Torre de Hércules, e desde alí puideron veren  o mar, que aquel día estábavos como un prato, de cor azul e verde, e  moi calmo...

Os  picariños non daban abarcado o que vían.

O Monchiño apampado, acercouse paseniñamente a profesora e díxolle con moita emoción na voz :

Mestra, isto todo plantado de patacas estaría moi ben, non si?

A fame  produce desexos moi poéticos, incluso na gastronomía.






martes, 26 de decembro de 2017

MIS QUERIDAS FRASES Y CONTRADICCIONES PERSONALES

2018


(DEDICADAS A LOS AMIGOS  PARA QUE LAS LEAN SI QUIEREN)

Era un hombre que podía hacer favores y en consecuencia era muy respetado.

Tenemos tanta abundancia de agua, vientos, y bosques en Galicia, que seguramente nos acabaremos empobreciendo más.

Se parecían tanto a mí, que acabé por quererme más.

Era una persona muy desgraciada, jamás estuvo enfermo y nunca tuvo necesidades.

Compraba únicamente lo necesario, y a pesar de ello se arruinó.

Era un hombre muy alegre que estaba triste, y acabó por contagiarme gravemente.

Tenía tantos amigos que llegó a no tener ninguno.

La quería tanto que nunca le habló del amor.

Era tan anciano, que parecía un niño.

Era o un juez o solo una toga, nunca supe distinguirlo.

Aprendí en la facultad tantas cosas juntas, que las tuve que olvidar enseguida.

Me mentía siempre, para que yo pudiera comprender la verdad.

Tenía tan poco sentido común, que todos los listos decían que era genial.

Era tan grande la asamblea decisoria, que acabó mandando solo él.

Tengo conocido hombres de clase muy alta que eran muy bajos en casi todo.

También conocí gente buena que nunca supo ser alguna vez  mala por necesidad.

El progreso y el cambio van siempre de la mano juntos, pero por  unos pocos de cada vez.

Le hice un gran favor  a ese amigo, y no me volvió a saludar jamás.

Me decía que la casualidad y el mercado lo gobiernan todo, pero tenía en nómina a cien políticos, varios jueces, y diez periódicos.

Siempre me preocupé más en descubrir errores o falsedades, (ahora incluso en internet), que en descubrir la verdad.

En este siglo tenemos de todo: más tecnología, más conocimientos, más recursos, y más desigualdad.

Me dijo él, que tenía de todo, que tuviera cuidado con aquel que no tenía nada, si sabía leer.

Tenía tanta suerte que nunca creyó en ella.

Me explicó: Votar siempre voté, pero nunca me sentí responsable de lo votado, por eso seguiré votando a los mismos.

QUE TENGAIS UN VENTUROSO 2018 Y SI NO FUESE ASÍ SIEMPRE NOS QUEDARÁN LOS REALITY SHOW.