luns, 24 de outubro de 2011

CARTA DO CUCO


Queridos amigos:
Cóntame o Cuco nunha carta agarimosa que paso a relatarvos, que os asesores do actual Goberno da Xunta levan dous anos aconsellando que se goberne pouco, con moita mesura e moita austeridade, incluso con ruindade se fora preciso, porque tense descuberto, por estes sabios, que gobernar en Galicia e :

Facer obras públicas ; aplicar impostos propios e distribuír a riqueza; atender a sanidade e a educación públicas... e axudar a criar emprego na Comunidade.
Todo iso, segundo eles, produce na poboación do noso País moita angustia existencial e rexeitamento a esas actividades molestas, como son ás de decidir algo, nos tempos difíciles e cheos de incerteza que corren.

A receita que lles suxiren eses asesores o noso Goberno, son as de criticar permanentemente a aqueles que están a gobernar en España ou en algún, poucos, concellos galegos, e polo tanto a producir ansiedade na poboación, situación que se da moito mais mentres non sexan os propios, que atendendo a consigna están quedos...

No caso de cámbeo de goberno en España, e durante un ano a lo menos, abondará con botarlle a culpa e a responsabilidade do que aconteza e mais da ausencia de remedios, a mala xestión pasada dos defenestrados, e sobre todo o estado deplorable en que deixaron as contas os arrumbados polas furnas; porque: como sabemos “ non hai ausente sen culpa nin presente sen desculpa”.

E porque sen cartos todo o mundo sabe e entende que nada de nada se pode amañar.
Aínda que a algún Conselleiro e algunha consellería habería que vixialos de preto por non saber facer nada de nada incluso cos recursos que ten.

Dime tamén o Cuco, que na actual crise, os gobernos de toda Europa entenden que non se poden dar moitas solucións os problemas sen incomodar os ricos e poderosos, pero que estes xa atoparon un remedio moi eficaz para saír desta situación de crise que lles ten preocupados como é a de:

“Encomendarlle a xestión do público o sector privado, para así enterrar o que de intres social, poida ter a xestión pública, agora que xa sabemos que é ineficaz e ineficiente”.

Iso ademais, me di, conta co apoio de moitos medios de comunicación, dos expertos en economía de mercado; e dos faladoiros das radios e televisión en xeral, e, asegúrame o Cuco ter razóns determinadas polas enquisas que fai nas rúas e cos seus clientes, para afirmar rotundamente - polas respostas dos entrevistados- que moitos bos cidadáns, só se decatarán de ter perdidos os servizos públicos, cando teña elo acontecido, e non antes. Logo de que o asunto xa non teña volta atrás e precise utilizalos.

E por outra parte, e razoable chegar a conclusión de que ninguén pode gobernar un Pais coma o noso sen discrepar con apaixonante xenreira tanto no aéreo club como na taberna, nunha Terra, que conta con 230 festas gastronómicas, tres universidades, tres aeroportos, unha cidade da Cultura a medio facer, e, un ministro de Fomento que inviste mais nun ano nesta Terra, ca Xunta nunha lexislatura completa.
¡Así e imposible gobernar pouco pero ben!...







Ningún comentario:

Publicar un comentario