martes, 10 de xaneiro de 2012

OS REIS MAGOS DE BRAIS




Brais ten agora 67 anos.
Pillouno de preto a escaseza da posguerra, que en forma de fame e falla de recursos fixo estragos en tantas casas.
Daquela, segundo el me contou:papá traballaba nunha empresa cara o público coma dependente. Obrigábanlle as normas a levar camisa branca e garabata.
-Miña nai, tiña que lle cambiar o colo da camisa tres ou catro veces o ano.
-As camisas aquelas vendíanas con dous colos; viñan co posto e outro de recambio, pero aínda así estragábanse estes antes que as camisas, e recordo a miña nai recortando dos faldróns tiras de tela para facer uns novos.
-O soldo do meu pai chegaba sempre ata a última sema de cada mes, daquela era cando tiñamos que ir a tenda de Dona Camila de fiado.
-Dona Camila apuntaba nun caderno grande e na folla da miña casa, o día,os pedidos, e os cartos que custaban as cousas.
-A primeiros de mes mamá pagáballe nada mais cobrar meu pai o que estabamos a deber e quedaba a cousa económica termando, e nos tamén.
-O caso é que a miña casa non chegaban nunca os Reis Magos que eu recorde polos meus irmáns maiores.
-A miña máxima ilusión era un coche de carreiras pequecho de lata ou latón, pintado con cores brillantes, con rodas incluídas na propia estrutura que se pechaba con unhas pestanas.
-Tiña debuxado nun lateral un condutor sorrinte con un casco no que se liaFangio..
-Eu suspiraba e soñaba dia e noite co coche aquel.
-Pedinllo nas miñas oracións durante todo e mes de Nadal os Reis Magos ,encargueille os meus pais que lle escribiran a carta; e meus irmáns maiores remataron por chamarmeo piloto, e mais o Fangio.
-Chegou a noite máxica e fun ver a cabalgata das Súas Maxestades a Porta Faxeira.
-O pasar os Reis o meu carón berreilles canto puiden : o coche, o coche de Fangio, non vos esquezades...!!!...
- Non miraron para min, pero doume igual. O recado quedaba dado.
-Nun puiden durmir ata ben avanzada a noite.
-Escoitei, ou pareceume escoitar o chiar das rodas nas curvas; as freadas; o ruxido dos potentes motores...
-De madrugada erguinme silandeiramente. Durmían todos. No comedor, alí nun recuncho, en riba da banqueta de mamá estaba o coche de carreiras relucindo coma o sol.
-O corazón doume un salto, refreguei os ollos e de paseniño acerqueime o bólido ata apertalo contra o meu peito con felicidade.
-Xoguei todo o día con el. Nin me acordei de comer. Fixen centos de carreiras e gañeinas todas. Que fartura. Na miña vida gocei tanto.
-Canso, moi canso, deiteime tarde... e durmín dun tirón toda a noite.
-Comezaron dous dias mais tarde as clases, e o coche ese mesmo día, desapareceu dos pes da miña cama .Non apareceu por ningures da casa.
-Desespereime, entolecín, e pedín axuda o meu pai para me axudara e me dera unha posible explicación do acontecido. Non soubo, ou non puido darma daquela.
-Chorei toda a mañá e parte da tarde.
-Tivo que pasaren un ano enteiro para que o dia de Reis do ano seguinte volvera a aparecer o coche novamente. Estaba como novo.
-Isto mesmo aconteceu un ano mais. O coche só aparecía a noite de reis e desaparecía nada mais empezar a escola.
-Os tempos mudaron na miña casa, meus irmas maiores comezaron a traballar e xa non tivemos que ir que ir o fiado.
-O meu coche apareceu unha vez mais e quedouse na casa. Daquela xoguei con el moitos meses, e aínda conservo a ledicia daquelas carreiras na caixa dos segredos que todos levamos aquí, xunto o corazón.
-Aqueles si que foron uns bos reis...!
Marchei da casa de Brais co convencemento de que a el non lle custará moito afrontar a crise que aínda nos agarda...

Ningún comentario:

Publicar un comentario