luns, 25 de febreiro de 2013

FRASES RECOLLIDAS AQUÍ E ACOLA II


FRASES RECOLLIDAS AQUÍ E ACOLA- e II




Entre dous paisanos:

O Bárcenas e o PP están cheos !
Si, pero de cartos, e diso nunca se farta un...

Analizando un comentario feito na televisión...

Pois eu coido co Presidente falou do que tiña que falar...
Xa ves, e a min paréceme que calou o que tiña que calar...

Outros dous do faladoiro

Un.- Rubalcaba ten moito pasado...!
Outro.-Tan certo como que Rajoy ten pouco futuro...!

Frase solta

Eu teño un amigo do PSOE que disimula moi ben o mal que lles vai, para que ós seus veciños do PP non de alegren.

Dous esmoleiros na Cociña Económica

Pois a min o medico recomendoume que comera de réxime...
Pero carallo, si estas morto de fame...!.

Dous pais falando dos fillos

Antes meu fillo facía todo o posible para non traballar...
Pois agora supoño que estará a rezar, para que non fagan un ERE na túa empresa...!

Metáfora de humor negro.

Rajoy é coma aquel galo que cando cantaba cría que saía o sol para escoitalo.

Pois eu sempre crin que non volvaria a saír o sol o cantar el... e acertei porque estou a pasar moita friaxe...


















Ningún comentario:

Publicar un comentario