xoves, 7 de febreiro de 2013

O ESTOUPIDO


O ESTOUPIDO


Si a situación social do País aínda non estoupou, -con 6.000.000 millóns de parados- ,debese a múltiples razóns, que segundo me adianta o famoso profesor Cojonciano, van desde a responsabilidade mal entendida dos que traballan, ata o medo dos que aínda teñen esperanzas de traballar, no que sexa...

A estas razóns, súmanse as axudas de solidariedade forzada dos pensionistas e xubilados as súas familias; ás cada vez mais exiguas prestacións sociais, que actúan como colchón do conflito, e o traballo somerxido ou oculto existente, que sen IVA dáse no País sen precisar de amnistías fiscais...

Pero a ola dos conflitos avanza imparable , porque estanse a perder case 1.000 empregos diarios, porque máis de 1.700.000 familias teñen a tódolos seus membros en paro; porque os fogares que non teñen xa ningún tipo de ingresos son 600.000; porque a protección social cada vez menor e polo tanto auxilia a menos persoas; e, porque cando se perde mes a mes a decencia e a dignidade no Goberno, a esperanza morre pouco a pouco, sobre todo cando comprobamos cas vésperas, son mellores cas festas.

O estoupido vaise a producir, e despois teremos que escoitar ca culpa do mesmo é dos cidadáns, e da súa falta de paciencia e prudencia.
Escoitaremos tamén que foron apurrados irresponsablemente pola oposición e os sindicatos.

Entón o Goberno como solución tradicional e final antes de dimitir en bloque e convocar novas eleccións, endurecerá mais as leis ; ordenará ás forzas e corpos de seguridade que reprima os manifestantes; certos medios de comunicación faranse eco da defensa dos recortes e do mercado como única solución; e os púlpitos ferveran novamente pedindo resignación cristián...

1 comentario:

  1. A min paréceme que vai estoupar dun momento a outro, esto é inaguantable. Hoxe roubaron nunha casa colindante coa miña as 7 do serán ¡Hai que estar desesperados!

    ResponderEliminar