sábado, 9 de febreiro de 2013

HISTORIA VATICANISTA


HISTORIA VATICANISTA


Nun deses xantares surrealistas ós que teño asistido, tocoume a mesa dos prelados.
O remate da comida e xa ca confianza espirituosa que dá o viño, collemos folgos e acordamos contar un conto cada un dos comensais.
Tocoulle o pouco a quenlla ó arcebispo e meteulle o dente a historia seguinte:

Morreu D. Carlos Marx o pai do comunismo e do marxismo ós 64 anos de idade.
Foi dereito ó ceo.
Alí San Pedro esculcando no libro dos mortos dou pronto cos seus
datos e méritos biográficos”, advertindolle, que cos seus antecedentes de ningunha maneira podería entrar no ceo.

Acabouno redireccionando, como se di agora en internet, cara o inferno, e polo interfono, advertiulle a Satanás que lle mandaba unha boa peza. Asunto este que non desgustou o demo en absoluto.

Pasado un tempo - puido moi ben seren unha eternidade, ou minutos, porque alí non existe o tempo - picado da curiosidade San Pedro, chamou ó demo para saber como lle ía co ditoso Marx.

Satanás estaba realmente alporizado. Manifestoulle a Pedro que non era quen para trae o rego a Don Carlos. Que tiña armado un bo lio no inferno...

Mira Pedro, temos folga dia si, dia non; apagáronse os fornos; fixo boa masa cos meus axudantes que están cheos de reivindicacións... e agora ten o mango da cazola ese Marx. Non durmo desde que chegou. Non podo mais!.Vou ter que deixar este choio...

San Pedro por evitar renovacións e rexeneración no inferno, - en todas partes e igual - , díxolle:

Pois dille que quero velo, e mándamo un tempo para aquí. Vou estudar a ese individuo...

Así foi como Carlos Marx foi de novo ó Ceo.

Pasada outra eternidade, Satanás, sei que chamou a Pedro para lle preguntar polo fundador do materialismo histórico e a conversa transcorreu así...

Pedro, son o Príncipe da Tebras.

Dime, dime meu estimado amigo complementario!

Queríache preguntar por Don Carlos Marx, como vos vai con el?

Vainos moi ben, estamos encantados, ledos, somos moi bos amigos, non teño queixa algunha...!

Satanás non saía do seu asombro...

Pero e posible Pedro?

Que si demo que si, que estamos moi compracidos e animados con el.
E unha bendición para o ceo!!

Satanás aparvado e pampo sei que lle preguntou

E Deus que di Pedro...?

O que lle contestou San Pedro:

Camarada, Deus non existe!!!!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario