venres, 3 de maio de 2013

CANTARES GALEGOS


CANTARES GALLEGOS


Fun invitado co motivo do 150º aniversario da publicación dos Cantares Galegos ao noso Parlamento de Galicia.

Fai a introdución do acto Marina Mayoral.

Extraordinaria coma sempre, coméntanos coma Rosalia de Castro prescindiu nos Cantares da súa visión desolada e, cede nesta obra a súa voz ó pobo que e quen fala.

O PoemaCastellanos de Castilla, sérvelle para dar resposta ó mal trato que en Castela recibían daquela os nosos segadores.

Un pobo, o noso, empobrecido,explotado,e deostado, obrigan a poetisa a rebelarse con dor e amargura nos versos.

Castellanos de Castilla/ tratade ben ós galegos/ cando van, van coma rosas/ cando ven, ven coma negros.

Naquel poema os casteláns, son tachados de ter mal corazón, alma como as penas duras, de non ter entrañas no peito... e cousas aínda peores sobre Castela....

Non imaxino a maioría dos nosos representantes políticos carentes de sentimentos, e dicir, sen capacidade para desexar maior xustiza social e, desinteresados de canto sucede o seu arredor.

Non imaxino a ningunha persoa, que despois de ter loitado moitos anos por mellorar as condicións de traballo e vida da xente, non se conmocione o comprobar coma tódolos seus esforzos estanse a desfacer ou camiñan en claro retroceso .
Os sentimentos entón non se din, se mostran.

Si algún político se emociona no seu discurso e rompéselle a voz que se enche de bagoas, non fai mais que mostrar os seus sentimentos.

Non deberamos de temer ós sentimentos, a súa expresión, nas que as veces pódense dar exabruptos, descortesías e, ata chegar a bater co puño nunha mesa ou no estrado... substituíndo así o desexo incontrolado de estamparlle a cara a alguén, que ten responsabilidade sobre o que de prexudicial nos acontece, sexa un banqueiro, un empresario ou político.

É normal que sintamos xenreira cando está ameazada a nosa integridade, a nosa identidade, a da nosa familia, a dos nosos amigos ou a de moitos cidadáns.

Hoxe están a ser agredidos, acosados e intimidados: moitos millóns de parados; os hipotecados; os pensionistas; os autónomos, e mais do cincuenta por cento dos nosos mozos no desemprego...

O Presidente Feijoo, tomou a palabra neste acto conmemorativo para recordarmos “Que Galicia constrúese con dialogo, porque a pluma e mais as palabras, son mais fortes cas pelexas.... Ten razón... en teoría...

Magoa que non sexa o Presidente galego mais coherente e menos provocador cas súas propias verbas no hemiciclo; mais comprensivo cas críticas xustas ou non que recibe, porque a altura política dun dirixente mídese tamén polo trato xeneroso e tolerante que ofrece ás minorías, e, por asumir que certos excesos parlamentarios teñen a súa orixe, na impotencia política da oposición fronte o sufrimento das vítimas das crises, e as veces tamén, nunha sectaria xestión da maioría absoluta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario