martes, 14 de maio de 2013

QUE APROVEITE !


QUE APROVEITE!


Na casa do Paspallás, ala polas terras de A Mahía, un grupo de amigos temos sempre o noso dispor, unha cocina de ferro, unha grellada na horta, e dúas mesas onde xantar.

Unha delas, rodeando a cocina, e outra, de pedra,que usamos nos veranos, baixo unha figueira de uns cincuenta anos, que da olor e ata sabor aos que debaixo dela comemos.

Cando imos a casa do Paspallás poñémonos de acordo previamente, e mercamos na praza de abastos o que logo serve de prato principal, mais algunha lambetada, xunto naturalmente co viño.

O Paspallás fai a súa acostumada presentación nas reunións sobre o que el chamaconsellos gastronómicos, entre os que mestura sempre outras recomendacións e advertencias.

Tedes que lle botar mais imaxinación o que mercades e ides cociñar. Para comer bistés con patacas, ou ovos fritidos, escusades vir aquí...
Cómese mellor cando usades a fantasía ... aquí non vides a vos nutrir, iso non é saber xantar. !
Non quero que veñades a cociñar de xeitodesregulado, onde todo vale, como na economía actual...

Saber comer ben marca un xeito de vida, un estilo propio, unha identidade...
Unha comida preparada con creatividade, é sempre mais agradecida e san que unha lupanda.
Unha modesta ave, un peixe de río, ou uns chícharos, poden seren unha delicia si se saben preparar.

Todos recordaredes aqueles pombiños de Maximino oPoeta da Mahía”,que Olegario preparou o espeto con manteiga de porco, e castañas de guarnición...


E como a crise vai durar moitos anos, estes xantares faranse mais nas casas, e daranse retornos a terra dos avós, e de algún amigo... aquí teredes sempre o voso fogar... Se traedes viandas...!. (Aplausos)

Despois do seu acostumado discurso que provoca consensos caralláns, onte mesmo preparamos unha empanada de croques repoludos da Ría de Noia.
Alí mesmo, enriba da masa, abrímolos berberechos de paseniño un a un, alí mesmo, enriba da masa, xenerosamente deixaron un anaco do mar do Barbanza entre a zaragallada, e, alí mesmo, despois de pasar polo forno da cocina de ferro comprobamos o degustala con tódolos sentidos, que a nosa empanada escondía con pudor deliciosos tesouros, que nada tiñan que ver cos da pizza, que mostran sempre na súa nudez, as súas miserias gastronómicas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario