domingo, 19 de maio de 2013

TESTEMUÑA DO MEDO


TESTEMUÑA DO MEDO

Tomei un café con Ernesto amigo e periodista dun pequeno periódico.
Teño intres, lle comentei, en que me deas o teu punto de vista sobre o xeito de elaborar a información no teu xornal, e tamén nos medios de comunicación en xeral.

Pídeme axiña Ernesto que manteña certa prudencia cos seus datos profesionais, e pasa a explicar a súa experiencia profesional :

O problema de fondo é o seguinte :de seren vixiantes e críticos co poder, convertémonos todos, como di Gabilondo, en “vixiantes da sociedade.
E dicir, de seren os medios de comunicación,representantes críticos dos cidadáns diante do poder, pasan a seren representantes do poder diante da xente.

Moitos dos xornais e medios de comunicación pequenos, temos que auto- censurarnos, e mais eludir ou disfrazar a critica en contra dos gobernos, algunhas institucións ou grandes empresas, pois o poder, en calquera das súas formas, se ten oportunidade exercese, e unha vez cabreado, nin admite bromas, nin liberdades de expresión que poidan prexudicalos; logo daquela, cagáchela!. Pasou co Xornal de Galicia...e outros que van no seu camiño...

Nos temos ordes de darlle as informacións políticas e mais económicasdelicadas, unha redacción ambigua, ou explicacións favorables. Poñereite un exemplo:

Fai dias lín dous titulares en dous medios de comunicación.

Un deles dicía :O Sergas pechará este verano máis de 900 camas.
No outro medio titulábase deste outro xeito:O Sergas manterá operativas este verano ó 87% das camas.... Un é un medio dominante e influínte, o outro moito mais feble e dependente. Depende do que lerás sacabas unha conclusión ou outra.

Logo, esas informacións serven a determinados intereses non ?. Lle pregunto.

Naturalmente meu !. Intereses económicos, financeiros, decisións políticas e, certos acordos non escritos. Logo que pensabas ti paspán !.

Non hai logo información boa e fiable, retruqueille.

Home, pode habela...As informacións boas sabemos todos, que son aquelas que non buscan consecuencias exclusivamente comerciais, e sabe conectar cos intereses reais da sociedade. Iso prodúcese en moitos casos, incluso no meu xornal.

Como cales?lle preguntei.

Pois vodas, bautizos, falecementos, a meteoroloxía, os programas de TV, obras rematadas, asuntos de sociedade ou accidentes ... Vas entendendo non?.

Como te sentes persoalmente nesta situación?

Eu non me rindo, pero entendo e sei que mais que ríspeto polo periodismo e a prensa, hoxe ténselle medo e desconfianza, case tanto como lle temos nos o goberno actual...

As veces, para perdoarme a min mesmo, ate fago algún comentario en internet, baixo un alcume no que escrebo o que me peta, sen faltarlle o ríspeto a ninguén, pero poñendo a caldo moitas das parvadas que outros coma min, creo que escreben forzadamente.
O malo de internet é que entre os comentaristas- internautas espontáneos das noticias e dos articulistas, haiche moito odio solto, moito exceso de ideoloxía, moito falcatrueiro, e pouca solvencia que garanta a credibilidade dos que alí se expresan...

Quedei outro día para falar con Ernesto, pero só de fútbol...
















Ningún comentario:

Publicar un comentario