martes, 28 de maio de 2013

A VALENTIA A NACER DO NOSO MEDO


A VALENTÍA A NACER DO NOSO MEDO


Este goberno ten conseguido aplicar con éxito tres mañas para conseguir os seus fins: a) provocar grandes doses de medo na sociedade; b) vender como verdadeira a súa impostura; e, c) desprestixiar e anular a memoria colectiva.
Rajoy e o seu goberno despois de asegurar que viñan a restituír a nosa confianza e a dos mercados, adicáronse a infundir medo utilizando tódolos recursos posibles: Destruíndo o traballo, facilitando o despedimento; rebaixando os salarios; anulando dereitos; privatizando pouco a pouco servizos esenciais...
Desatouse en cadea o medo e, este, foise axigantándose, contaxiando a poboación.
Así xustificase e mais enténdese a parálise e pasividade que estamos a ver, e, así se logra destruír de paseniño sen demasiado ruído todo conseguido.
Non está o País para vivir sen medo, pero non se pode vivir sempre cheo de medo pervertendo nosa escala de valores.
Eu ben sei que a nosa coraxe ten que nacer dese medo.
O repetía sempre Cherterton, os febles poden ser valentes; imos camiño de ser moi fráxiles, logo so nos resta agardar un pouco mais.
Este goberno méntenos en case todo.
Xa o fixo o anterior goberno conservador de Aznar.
Abonda recordar os atentados do 11 de Marzo do 2004 e o intento de atribuílos a ETA, ou lembrar aquela enfática frase do entón Presidente
Poden estar seguros de que o réxime iraquí ten armas de destrución masivas.
Mente e incumpre Rajoy co comprometido: Na suba de impostos; no copago sanitario; nas rebaixas por prestacións do desemprego; nas axudas por becas; na non redución de altos cargos;na reforma laboral prometida para crear emprego; na amnistía fiscal, ou co rescate a banca negado tantas veces...e agora tenta reducir mais as pensións de xubilación.

En Galicia, nos últimos trinta anos asistimos na maioría das nosas cidades a un fondo cambio do renacemento urbano, da sanidade pública; das grandes obras públicas, xunto ca cultura, as liberdades e a protección social... en boa medida da man de gobernos no Estado e na Autonomía con presidencias e alcaldes socialistas.
A loita da memoria contra do esquecemento de todo o positivo conseguido, non vai seren posible, por moito co desexen desde o goberno e desde oportunismos emerxentes.
A memoria está aí, agochada polo momento, con medo tamén, pero agardando denunciar axiña esas artimañas...
Os recordos son o último que se esquece...







Ningún comentario:

Publicar un comentario