O CASTAÑEIRO DE SANTO
ANTÓNIO
Pasei desde Ayamonte ate Vila Real de Santo Antonio,
en Portugal, nun pequeno transbordador
que atravesa o Guadiana, e que alí mesmo
se une co Océano Atlántico.
Na Rúa Teófilo Braga, merquei
unhas castañas salgadas boísimas, e así coñecín a Abílio un castañeiro cas mans
queimadas polo oficio, ollos cansos e
tristes, e un rostro torrado e avellado polo sol do Algarve.
Tiña Abílio un carro branco con un asador de latón, e nun lateral do mesmo en letras de imprenta
podíase ler: “Quentes e boas; as
mellores da Cidade”.
As castañas salgadas que saían de seu asador, as entregaba con moito aquel ós clientes
envolvidas en cucuruchos de papel branco.
Unha ducia un euro señor, me dixo.
Comenteille, por falar con el de algo, que de
alí onde eu viña, o lombo de porco, as mazás e as castañas combinaban moi ben
nun prato típico e apreciado na miña terra.
Respondeume con un sorriso e
mirada evocadora de tempos mellores :
─ Ese prato elle
universal, so é preciso ter os ingredientes axeitados. Eu estou disposto a
poñerlle a vostede as mellores castañas
e as mazás, se vostede pon unhas boas e abondosas talladas de lombo de porco ben mantido…!
Rimos os dous xuntos, e, pregunteille despois cousas do seu oficio…
─ Fíxenme castañeiro sabendo que aquel ao que non mata a fame, o mata o frío, coma di unha canción; eu ben sei
que neste traballo non vou morrer de frío, pero de talladas de lombo
de porco nunca me verei farto. Tamén coido
que poderei morrer dunha fartura
de castañas, pero dunha fartura de porco, asegúrolle a vostede, que non é posible,
tal e como me vai a vida e o negocio.
Nestas andabamos cando me decatei que outro cartel penduraba do seu carro. Nel líase : “Existen follas de
reclamación a disposición dos distinguidos señores clientes”.
─ Iso das follas de reclamación é certo? Pregunteille sorprendido.
─ Si señor, e certo, e mais de un cliente reclama de cando en vez se lle
saen algunhas castañas co bicho, ou mal asadas.
─ E logo que acontece, retruqueille ?.
─Eu sonlle un empresario serio e solvente. Doulles un novo cartucho de
castañas, e pídolles humildemente desculpas.!
Igual que na política e
mais en moitos negocios do meu País, díxenlle,e, despois me despedín con un sentido, ate sempre Don
Abílio…
Ningún comentario:
Publicar un comentario