luns, 2 de maio de 2016

CINISMO

CINISMO

Aquí non rouba quen non pode!.

 Así fala  Don Raimundo o meu veciño.  E, o argumenta con un sorriso e con un  xesto universal friccionando os dedos índice e polgar por detrás do lombo…

 Raimundo dime que lle ten simpatía aos lambóns que temos no país, mais que simpatía afirma, é,  solidariedade e unha  mestura de  admiración e mais envexa.

Pero home así vai o País!, con ese  xeito de pensar teu  non imos saír da corrupción e o desgoberno.

─ Mira, xa sei que  moitos dos nosos gobernantes, e mais empresarios actuais teñen perdida a vergonza, pero o malo é que moitos de nos non lles temos perdido o ríspeto. Seguimos admirando a súa capacidade de rapina, e mais estamos dispostos a seguir apoiándoos.  E, a que non sabes porqué?.
 
─ Pois non o sei ? ─ confeseille.

─E ben doado, porqué no fondo gustariamos estar na súa situación para poder  aproveitarnos e facer un bo peto, case sempre impunemente.

─E por iso imos a seguir apoiando co noso voto aos políticos , aos empresarios e aos profesionais corruptos, porqué nos tamén facemos o mesmo a pequena escala cas nosas declaracións da renda, co IVE, ou  cos traballos e clientes  non declarados entre outras cousas. Entendíchelo paspán !.

Está claro, pensei para min,  que moitos cidadáns, tanto  probes coma  ricos, buscan os  gobernos que se lle parecen …

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario