venres, 6 de maio de 2016

O FAISÁN DO PRESIDENTE



Resultado de imagen de Faisan



O conto é, que  aquela solta e tiro ao faisán organizada no Pazo e finca  do Langrán, tíñase convertido nun acto social e político de primeira. Desto fai uns vinte anos, xa en plena democracia pedánea.

 A presenza do Presidente, como un tirador mais, fixo asistir  a mais de medio centenar de interesados aduladores que tiñan pagado unha pequena fortuna, e movido moitas influencias por participar no evento.

Mai ou menos coma naquela película  “A  Escopeta Nacional” pero en versión galega.

O Sr. Presidente chegara ese dia – por certo con chuvascos e refachos de vento  –,  con media hora de anticipación, poñendo  dos nervios aos organizadores e facendo correr sen protestar con risas nerviosas incluso aos mais puntuais.

Un cento de faisáns engaiolados agardaban a  que Xanciño, un fillo dos caseteiros da finca, agochado tras dun  parapeto de mirto os fora soltando de un en un, entre disparo e disparo dos tiradores, con lentitude calculada.

Dous disparos do Presidente abateron o primeiro faisán que caeu redondo ao seus pes.

Moi ben, marabilloso, perfecto, incrible, Sr. Presidente !. Foron as mais das voces que se oíron...

Outro dos “invitados”, errou o tiro e buscou a segunda oportunidade  seguindo o vo errático da ave… e, non lle acertou de cheo a Xanciño de puro milagre, pero levou por diante unha manchea de mirtos voadores.

 O incidente produzo un  arrepío para os caseteiros que asistían coma observadores na última fila; e unhas risas insensibles para tódolos demais.
Volveulle tocar pouco despois ao Presidente nunha nova quenda.

Desta volta, o segundo disparo unicamente feriu ao faisán da variedade de Mongolia , que  voando a media ala ía a golpes de babor a estribor polo recinto, ate  acercarse  a proximidade de un dos escoltas da Presidencia.

Creo se chamaba Rufino, e portaba un paraugas enorme co escudo da Comunidade.

Foi visto e non visto, arreoulle o golpe de graza co puño do paraugas que collia  ao revés, que impactou de cheo  no faisán desfacéndolle os miolos.

O aplauso foi unánime, e os berros  de Presidente, Presidente! escoitáronse a unha legua do lugar…


O Rufino sei que murmurou entre dentes : “  o carallo !, se non fora por todos os que lle  facemos o traballo sucio, esta galiña pasábase a oposición.”

Ningún comentario:

Publicar un comentario