luns, 21 de novembro de 2016

DON AGUSTÍN O VETERINARIO






Coñecín a Don Agustín, un veterinario xubilado, a traveso de Palmira, veciña próxima ao seu domicilio.

A Palmira contoume que Don Agustín  aos veciños do lugar non lles cobraba nunca un peso polas consultas ou diagnostico das enfermidades do gando que lle levaban. Outra cousa eran os de outras parroquias ou  dos concellos limitrofes…

 Todos nos, cando a  matanza, en agradecemento sempre lle agasallabamos con un bo raxo,  un xamón, ou cando cocíamos uns moletes de pan…

O caso e que Don Agustín, aló polo anos setenta comezou a ofrecer tratamentos de fertilización nas vacas, e obtiña uns resultados xeneticamente moi bos.

A Palmira tiña, no pasado, segundo me explica, levado moitas veces vacas ao boi, sempre acompañada do seu pai, que aproveitaba para lle explicar pedagoxicamente que: salvando as distancias, a cousa viña sendo mais o menos igual nos seres humanos, pero feito con cariño e paixón, e, feito sen amor, nas vacas…

Dicía meu pai de broma, que por esa razón teñen as vacas  os ollos tristes, porque a falta de amor non os acende nin alegra nunca.

Nunha ocasión os da  casa dos Couceiro, uns veciños da parroquia que esta a carón da nosa, coincidimos en levar as vacas ao veterinario.

Os Couceiros preferiron levala ao boi. Nos, xa tiñamos claro que era mellor a inseminación artificial.

Pasado un tempo os Couceiros tiveron un tenreiro e nos outro. Pastaban xuntos no  noso Agro do Medio con autorización do meu pai.

O fillo dos Couceiros, un rapaz chamado Roi,  un pouco parvo pero moi boa persoa, quedou desde o primeiro día  abraiado do bonito que era o nosa tenreiro en relación co seu.

Nunha ocasión recordo que  o Señor cura da parroquia pasou por  diante do Agro e  despois de saudarnos ao Roi e mais a min, preguntounos  de quen eran os animais.

-O Roi, apresurouse a explicarlle que : “ Este é noso, e  mais do  boi, e ese outro tan bonito  é de Palmira e mais de Don Agustín”…


O crego marchou sen se despedir dicindo non sei que cousas raras…! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario