venres, 26 de maio de 2017

RAMON DE CHAS E ANXO DA CERDEIRA




O Ramón de Chas e mais o Anxo da Cerdeira sonvos desde que eu os coñezo dous persoeiros singulares. Cheos de imaxinación, e con un fondo xeito de entender a vida, é sempre unha delicia escoitalos falar de calquera asunto.

—Pois eu amigo Ramón, teño unha vista tan aguda, que cando dirixo a mirada cara ao Outeiro da Con,  que estache a unha legua  de distancia, distingo  perfectamente as ovellas das cabras.
—Home Anxo, estache ben, pero non é nada do outro mundo, cando eu me fixo ben no Outeiro, ate distingo as cabras dos castróns !
— Esa foi boa Ramón !
—Pois a túa chegoulle ben!

O caso é que onte  deixeilles caer, nunha visita que lles fixen, que eu tiña certa capacidade para prognosticar, e que era quen de facer con moito acerto proxeccións sobre o futuro.

Picados polo dito por min, miráronse un ao outro,  e pareceume que se entendían ben  sen falar, logo con moito aquel, preguntáronme  se podían presentarme cada un deles unha cuestión cara a ese futuro.

—Naturalmente podédesme preguntar o que queirades, salvo cuestións de política, porque desa materia coma sabedes  ninguén da pé con bola...

 O Ramón de Chas, fixo a súa primeira aportación:

—E logo, saberías dicirme se nese futuro teu,  vas convencerme mellor con  imaxes e mais emocións que con razóns e argumentos?.

O Anxo, despois, expúxome:

—Eu quixera saber se no futuro imos cobrar sen traballar...!

—A resposta a pregunta de Ramón é ben sinxela, si.
 A de Anxo e  tamén si.
E despois quedei cheo de razón ollando para eles con moita fachenda.

Calaron os dous, e despois dun anaco, o Ramón facendo de voceiro deixoume caer:

—Creémosche, non si Anxo ?. Pero  tes que concordar con nos, que agora se nos invitaras  a un café e copa no bar do Mouriño, faríaste moito mais crible, a corto prazo...

E ala fomos, e cumpríronse os prognósticos meus, porque a emoción do bar e do café con gotas convenceu ao Ramón, e os dous aforraron unha ronda sen traballar...





1 comentario:

  1. Ogalla aciertes na coexistencia da emoción e da razón.Vamos ir vendo que fan.Na agrupacios de Lugo,votaron a directiva e ,teño que míralo mellor,mais pareceme que Hai mais Susanistas.Blanco controla moito,soio a alcaldesa que levaba años con Besteiro na Diputación e Sanchista.Rapaza con futuro político,por certo,nas enquisas adianta o PP e ten Unha corporación feita por Orozco que mafchou cando o imputaron.Eo Fun pra O Paramo,a axudarlles un pouco,mais non Estou a feito a facer política na aldea.Mandoronme Unha mensaje pra que os chamara efareilo a seman que ven.E moi diferente a participación política con debates etc que na aldea.Mesmo en Lugo sacas a Orozco e todo queda en nada.Tes sorte estar na miña querida Compostela

    ResponderEliminar