luns, 6 de novembro de 2017

O AMOR NACE NOS OLLOS E VIVE NO CORAZÓN







Ruperto é un home  bondadoso, intelixente,  e sensible, pero e feo. Feo a rabiar. Feo ate no seu nome de pila.

 E alto, mais escora un pouco dunha perna, ollos pequenos, prógnato, cas cellas practicamente unidas, e por riba con unha voz  ronca que ate mete medo.

Ruperto fíxose avogado, carreira de probes listos, e gañou unha difícil oposición na administración pública. Iso o  salvou de pasar fame, pois co seu aspecto, o presentarse a calquera entrevista de traballo que non fora un concurso do samain estaría condenada ao fracaso, tal e coma está mesturado  hoxe a estética, o mercado, a política, e o coñecemento ou  a valía persoal.

Como Ruperto salvo polo de feo, éravos un home coma os demais, un día sei que se namorou dunha compañeira de traballo do mais bonito da Delegación de Facenda.

A moza, chamada Rosa, era dunha feitura que rozaba a perfección. Esvelta, rubia, ollos azuis, un corpo de quitar a respiración e un carácter alegre. Tiña a Rosa, unha chea de admiradores e amigos cos que mantiña boa relación profesional de camaradaría.

Todo ía polo seu camiño “natural” ate que un día o Ruperto, invitou a un tomar un café a Rosa. Está aceptou de bo grado. Falaron moito, riron, e comezaron a saír xuntos desde aquela.

Montouse unha boa... todos foron comentarios internos de estrañeza, de incomprensión,  e de asombro. Especialmente por parte dos mozos e pretendentes  da Rosa.

Pasado un tempo, un día e no  café do descanso matutino, un grupo de amigos de traballo, foron aproximando o asunto, e un deles deixoulle caer, mirando de esguello para a televisión do bar en ton neutro  e desinteresado:

—Rosa sei que andas  as beiras co Ruperto non si?

A Rosa, sorrindo, respondeulle coma quen da os bos días :

—É o Ruperto o que anda as miñas beiras, eu so me deixo querer...

Fíxose un silencio no grupo, ate que outro pretendente sen conterse  lanzoulle aquel :

—Non sei que lle tes visto a ese home que non teñamos algúns de nos !

Ela sen perder a compostura deixoulles caer

—Vos é que non podedes miralo cos meus ollos!

E foi entón cando todos comprenderon que tiñan a batalla perdida...porque o amor  sempre é querer que alguén, sexa coma sexa, siga ao noso carón.








Ningún comentario:

Publicar un comentario