sábado, 15 de outubro de 2011

Don Gabino, científico e filósofo


Non me foi nada sinxelo conseguir unha entrevista con don Gabino; está medio illado desde que nun dos seus artigos cualificou de roncollo intelectual o aspirante nun medio conservador.
Tampouco foi para tanto porque neste país permítense insultos, comentarios e afirmacións non demostrables moito peores, pero quizais os relacionados coa virilidade molestan máis a certa prensa coidadora de atributos e valores eternos.
Recíbeme e lémbrame ao entrar na súa casa un recital poético no que lin un poema de Kavafis que ao parecer conmoveulle. Dime de súpeto e antes mesmo de empezar a entrevistalo:
- Cheguei case ao meu destino, a miña Ítaca persoal, e decepcionoume profundamente a última parte da miña viaxe periodística. Desde fai un par de anos o urxente é celebrar eleccións xerais, non sendo importante convencer da súa necesidade, explicar as razóns e ofrecer unha alternativa para gañar as mesmas, senón facer perder aos outros a calquera prezo.
Están, comenteille eu, no seu papel, actúan radicalmente, pero así funciona isto, ou non?
- E así nos vai porque todos se fían das aparencias. Coido que coas aparencias é como se gañan as eleccións, con elas e máis espertando emocións no pobo, porque as emocións superan case sempre os feitos, os logros, o talento e até a honradez.
- Falan de xeneralidades pero incluso agora que xa están convocadas as eleccións nada concreto proporán no seu futuro programa; e até parece que xa conseguiron facer crer que só ten competencias, responsabilidades e recursos económicos o Goberno de España.
- Afirman que si gañan gobernarán desde o centro e que non teñen intencións de facer recortes sociais pero, os farán coa escusa da situación económica...Vense vir, e como un mar de fondo que se vai achegando...
Véxolle a vostede moi crítico coa actual oposición, vostede é un científico un periodista e un filósofo, coido que debera coñecer que a política non se move con tanta racionalidade...
- O que eu constato é que a ciencia busca solucións, a filosofía respostas, e na política actual, uns mais, outros menos, buscase unicamente non molestar aos ricos e poderosos.
- Os dirixentes descóbrense cando se enfrontan a un problema, e non cando falan de como deben solucionar os demais aquilo que eles non tentan alí onde gobernan.
Pero polo menos don Gabino non cre que están a tentar resolver mellor e ser máis austeros?
- Estás de broma, a austeridade que practican é a de aforrar nos pequenos gastos visibles, son xestos cara a galería; e mentres xa empezan a encargar ao capital e as empresas que se fagan cargo dos grandes beneficios da crise.
Marchei pensando que tamén é ter boa aparencia electoral cara de non ter roto nunca un prato.

Ningún comentario:

Publicar un comentario