luns, 17 de outubro de 2011

Unha porta pechada



Pedín ó Cuco entrevistalo por última vez pero non contestou nin as miñas chamadas telefónicas, nin os correos electrónicos que lle enviei. Xa estaba o tanto do peche do periódico.
Agora recordo que en moitas ocasións anteriores aconselloume que a mellor forma de respectar os lectores do Xornal era escribir para eles considerando que eran intelixentes.
Que non me preocupara moito do estilo, porque o estilo nunca pode estar por riba do que ti lles queiras contar...
E que lles quería contar?, sei que lle respondín un pouco desconcertado daquela.
As túas emocións e as túas razóns, me dixo.
--Escrebes os teus motivos de insatisfacción para compartilos con eles...que é un xeito de deixar unha minúscula pegada; de te comprometer.
--Escribir sempre se fai para outros, sentenciou.
Contesteille, por responderlle algo, que os do Xornal de Galicia limitaran a un folio o que eu debía escribir?
--Os lectores intelixentes non precisan da túa prolixidade para te comprender e aturar, me dixo bruscamente. No Xornal de Galicia deixáronte escribir todo canto lles mandaches nese folio ou no?
Si e certo, lle comentei polo baixo.
--Pois logo nada te limitaron, e nada te censuraron.
-- Escribes nese periódico incluso crónicas moi criticas, pero poucos saben que só deixas constancia do que moitos de nos te contamos nas entrevistas. Somos nos, os que ti chamabas teus personaxes, os que fixemos o mellor do teu traballo...
--Nos fomos tamén, quen descubrimos para ti o valor da independencia; do importante que é a imaxinación; nos fomos, os que te recomendamos que utilizaras a ironía sen rancor; e que te dirixiras os lectores a traveso do corazón mais que da razón, porque é o corazón sempre quen atopa e quen encontra o mellor de cada un dos lectores.
--Nos te advertimos, que O Xornal é un obxecto a destruír por parte de aqueles a quen lles molesta a critica política, sobre todo si esta critica se dirixe os que se resisten os cambios...
-- A liberdade para escribir, e, hoxe en día, un luxo que poucos poden permitirse salvo as veces falcatruadas en internet. A historia nos mostra cos poderosos oprimen e desfán os que lles molestan en canto teñen a mínima oportunidade.
--Si algún día pechan ese periódico contaranche despois que non era rendible, que debíanse cartos a moreas... Non hai peor cousa que crer certas informacións e solucións como boas, cando non o son...
Fíxome o Cuco prometer naquela entrevista primeira, que si pechaban O Xornal, eu debería seguir escribindo nun blog.
Voulle facer caso aínda que non me lea ninguén.
De elo depende que non morran amigos como : O Cuco, Gumersindo; Gabino; Serafín, Evaristo ou Avelina...e eu tamén un pouco...




1 comentario: