martes, 15 de novembro de 2011

RAJOY, ESE DESCOÑECIDO

Rajoy non sei ben o que é, nin o que pode ser no futuro, pero do que estou seguro é do que non é, nin pode chegar a ser, coñecendo o seu pasado.

Non é un bo xestor; e así se demostra desde os seus pasos previos pola Deputación Provincial de Pontevedra; Vicepresidente da Xunta de Galicia; ou posteriormente polos Ministerios de Educación e Cultura, Administracións Públicas, Interior (2001) ou Presidencia de Goberno. Deses cargos e actuacións lembramos unicamente como xestións salientables case exclusivamente aquilo dos "hilillos de plastilina" como asunto máis destacado do que dixo -e fixo-, en nove anos de goberno do PP.

Eserenovador, resulta xa que logo, ten algo máis de trinta anos de actividade pública dende que o 20 de outubro de 1981 fose nomeado Deputado do Parlamento de Galicia; desde aquela data nunca foi nada claro explicando o que facía, ou pretendía facer politicamente, nin en Galicia -o cal é bastante propio da nosa idiosincrasia-, nin no goberno de España o cal serve para manterse a cuberto de preguntas inoportunas, e mais evitar ca política se xulgue polo resultados.

A min sempre me recordou no seu falar ó marqués de “Entreambasaguas” que nada dicía que tivera un mínimo de obrigas. Nobre que falaba pouco do que facía e sabía, porque pouco facía e non sabía moito do que falaba.

Rajoy quizais inspirado na cantiga galega aquela que diIndo para non sei onde/ atopei non sei con quen/ na porta de non me acordo/ non llo digas a ninguén, atopou a formula política ideal para expresar - de xeito intelixente-, as mellores respostas sen facerse as mellores e máis comprometidas preguntas. E sobre todo sen deixar que ninguén llas formulara.
So fala Rajoy de desexos colectivos, de aquelo que todos quixeramos sucedera coma ideal, ou daquilo que apoiaríamos con convicción :“traballo para todos”, “seriedade”, “boa xestión”, “honestidade”, “prestixio, ou aqueloutro dequeremos transmitir unha mensaxe de confianza. Acompañado, iso si, sempre do retrouso¡como Dios manda!.
Ten Rajoy certas frases lapidarias e oportunas comoSeremos implacables en la lucha contra la corrupción, expresada coincidindo cas decenas de prevaricacións, corruptelas e subornos atribuídos a responsables do seu partido, ou :“ Si usted no cumple le pondrán bombas, y si no hay bombas, es porque habrá cedido”, un xeito moi orixinal e propio do PP e del mesmo, de entender a colaboración institucional co actual goberno na loita pasada contra da ETA.

Rajoy non defende un modelo social, económico e político no que os colectivos sociais teñan cabida nos servizos públicos tal e coma están concibidos.
Non está a favor de que os que máis teñen contribúan cos seus impostos a axudar en circunstancias de crise como as actuais. El cree simplemente ca longa man do mercado rematará por amañar as cousas. Posiblemente así sexa, pero só despois de parasitar ese mercado en proveito propio, o pouco estado de benestar que hoxe temos.

Rajoy está a favor de que uns poucos ordenen autoritariamente o xeito de entender a nosa convivencia, dispoñendo ó que se pode e non se pode facer cos dereitos e liberdades individuais.
E así, está por rebaixar ou eliminar dereitos de colectivos xa acadados, coma os relacionados co aborto ou o matrimonio entre persoas de igual sexo, ou cos dereitos relacionados ca sanidade, pensións ou educación tal e como os temos concibido hoxe en dia.

Ese é o home que nos mostra en plena campaña electoral un pequeno anaco do disfrace que agocha, e que acabamos de descubrir no recente debate retransmitido na televisión, co mal disimulado xesto de ler o que tiña que dicir mirándonos os ollos os cidadáns.

Do señor Rajoy agardo pouco, -e dende logo nada positivo-, por iso a algúns non nos vai decepcionar nin sorprender en case nada.

Pero coido que vai deixar tirados sen esperanza e sen axudas do Estado os mais febles, que serán moitos de aqueles que o domingo decepcionados, indignados, desconcertados e asustados polo que xa lles ten acontecido de negativo, por mor da crise nas súas vidas e de medidas mal explicadas,probaran inxenuamentea cambiar de persoas e de modelo, para tentar cambiar as súas circunstancias persoais.
E cambiarán sen dubida algunha. ¡Pero a peor!.



¡










Ningún comentario:

Publicar un comentario