luns, 6 de febreiro de 2012

Unha suxestión


É impresionante a capacidade autocrítica que temos os socialistas para nos criticar permanentemente, incluído o día despois...

Perdemos demasiado tempo en flaxelarnos mentres os nosos adversarios cortan e recortan sen consecuencia algunha, prestacións, servizos e dereitos sen que nos indignemos e protestemos colectivamente , ou propoñamos unha alternativa a esta masacre conservadora de cordeiros aterrados e silenciosos.

Facemos a crítica propia con tanta paixón nos faladoiros e recoñecemento nos medios, que estamos a piques de convencer aos sete millóns de votantes que aínda confían en nós, que non merecemos a pena porque estamos divididos, enfrontados, sen rumbo,sen programa nin solucións para os problemas actuais...

A forza de querer ir de sinceros pola vida esquecemos ser veraces entre nós mesmos...


Que pasaría se todos nos adicásemos no traballo, no café, na rúa, ou nas redes, a darlle a volta a esta actitude tan nosa, e centrásemos os esforzos en opinar neses lugares, e a  criticar colectivamente as decisións políticas antisociais que día a día toma o PP, e a comparalas co que temos logrado e pódense perder.?

Ningún comentario:

Publicar un comentario