martes, 13 de novembro de 2012

PREGUNTAS SEN RESPOSTA


PREGUNTAS SEN RESPOSTA


Dou por descontado que todos os socialistas coñecemos o marco xeral da situación actual, que resumidamente pode definirse por:

1.-Unha fonda crise económica, e social, debida a problemas estruturais do mercado financeiro, bancario, e laboral, moi estudadas e asumidas de xeito colectivamente resignado, que supón na practica ir de recorte en recorte social.

2.-O mantemento intocable do sistema económico actual, - da man do sector político dominante europeo -, dirixido finalmente a converter o público e rendible socialmente, en privado e rendible economicamente; todo elo intensamente reforzado e acatado con subordinación polo noso Goberno, co argumento de que ese é o único camiño para saír da crise.

3.-Que os socialistas gobernamos o País até onte mesmo. E que hoxe, temos perdida parte da confianza dos nosos electores. E de xeito concreto, pouca credibilidade cada vez que propomos algunha medida nova que onte non puidemos aplicar, non soubemos aplicar ou non aplicamos de xeito coherente ca nosa ideoloxía.

4.-Ca pregunta máis frecuente que se escoita na sociedade é: que vai pasar agora?.

6.- Ca pregunta que se supón nos corresponde expor a nós mesmos é : que imos facer agora?.

Unha resposta moi frecuente que se ouve no Partido é: busquemos novos rostros... novos dirixentes...novos lideres mais carismáticos.

Isto é, na miña opinión, o equivalente a aplicar remedios aos síntomas dunha doenza, pero sen resolver as causas da enfermidade.

É máis sinxelo receitar antibióticos contra unha infección, que coñecer a que causas se debe esa infección, do mesmo xeito que é máis sinxelo cambiar de persoas, que de ideas e métodos.

Desde hai un tempo, algúns de nós vimos sostendo que a mellor pregunta que nos podemos facer hoxe é: Vale a nosa estrutura organizativa e política para afrontar a situación actual?.

Cando gobernabamos en moitos concellos, en moitas Comunidades e en España, era delicado e, quizabes innecesario, expor estes cambios estruturais e organizativos...As peticións eran tomadas ás veces lamentablemente por, inoportunas, interesadas, e desleais co poder...

Estaba por case todos asumido nalgunha medida, que asuntos como : a continuidade de moitos cargos públicos no tempo; o férreo control orgánico-institucional a través dos mesmos cargos, ou as delegacións de voto, acababan xustificándose a se mesmas cos bos resultados electorais.

Hoxe, nas circunstancias actuais, se queremos construír algo novo na nosa formación política deberamos abordar reformas coma :a separación da representación institucional da dirección do partido, elo sen prexuízo da súa coordinación, e por último, listas abertas de candidatos e, voto universal dos militantes.

Esa é, na miña opinión, a resposta á pregunta anterior, que ademais permitiría pola súa propia natureza, un maior dinamismo dos afiliados; reforzar e manter a ideoloxía e os ideais propios ; e unha maior participación e co-responsabilidade de todos sen apenas cooptacións nin presións nas executivas.

Facilitaría quizabes que moitos electores recuperara a confianza en nos, e, a recobraramos entre nos mesmos.
Elo daría lugar tamén de forma normalizada e serea aos cambios de dirixentes, sen tensións internas importantes.

Todo o proceso que se aveciña, de non ir o fondo dos problemas organizativos e mais estruturais internos, creo persoalmente, que pode quedar ou ben en retórica interesada, ou en desexos de facer literatura, como aquela que di que:as eleccións non se gañan nin se perden, explícanse!...








Ningún comentario:

Publicar un comentario