mércores, 5 de decembro de 2012

O GOBERNO NON TEN EDUCACIÓN


Adicado ó meu bo
amigo Guillermo
Meijón


O GOBERNO NON TEN EDUCACIÓN

A reforma educativa comeza por parte do Goberno sen gardar as formas, e dicir, sen educación.

Se educar é formar persoas aptas para se gobernar por si mesmas, e dicir prescindindo de gobernos e imposicións relixiosas, nesta reforma, en boa medida, desaparece a cidadanía, e regresa con forza a relixión.

E así, cando criamos que podíamos prescindir do goberno e da relixión para facer o que a nosa intelixencia e vontade, as leis, e a liberdade de cada quen lle petara, chega novamente un tempo no que se ensinará ós nosos fillos e netos na escola, o que teñen que pensar, e non, ensinalos a pensar.

O certo é, que é pouco novidoso co PP confunda os intereses da igrexa cos asuntos do Estado, o que é mais orixinal é, que os actuais responsables da Igrexa crean cando lles convén, en algunhas leis e sentenzas dos tribunais mais que na súa propia mensaxe e doutrina cristián, como camiño de convicción e de fe.

Tiña razón o inmortal Shekaspeare:ata o mesmo Demo citará a Sagradas Escrituras se favorecen os seus propósitos.

Por riba de seren esta unha reforma retrograda que recibe o aplauso do mais casposo da nosa sociedade, ten efectos especialmente daniños nun asunto coma ós das linguas cooficiais en varias comunidades autónomas, no que respecta a inmersión lingüística e as competencias propias en materia educativa, elo sen prexuízo das reformas necesarias.

Os catalanistas e os galeguistas, moléstanos fondamente as decisións anunciadas polo Goberno que sen deixar de seren disparatadas e totalmente inviables, serven para nos enfrontar e conculcar atribucións autonómicas alí onde non se producira confrontación seria algunha, e darlle innecesariamente os independentistas folgos para combater.

Non será todo elo unha cortiña de fume artificial do PP, para non ter que discutir o terrible drama do paro ou a desfeita global a que están levando ós servizos públicos?.


Ningún comentario:

Publicar un comentario