xoves, 3 de xaneiro de 2013

OS REIS REPUBLICANOS






OS REIS
REPUBLICANOS


Acostuman os Reis Magos en Compostela, a facer a súa triunfal presentación e discurso ós nenos, desde o balcón do Pazo de Raxoi.

O chegar as Maxestades a Praza do Obradorio, son recibidos polo alcalde e membros da Corporación, que con moito aquel, os saúdan, a ate lle bican o anel en sinal de ríspeto electoral a Melchor, diante dos miles de cativos que ateigaban a Praza e, observaban pasmados este xesto das autoridades.

O discurso do Rei Melchor emociona e conmociona sempre os mais pequenos.
Os maiores rematan contaxiados mentres recordan que tamén foron nenos un día.
As verbas do Rei e as promesas de regalos, e ilusións, sempre en maior ou menor medida,se cumpren.

Non son daqueles que promete moito, incumpren todo, e por riba bótanlle a culpa a outros.

As verbas da súa Maxestade soan - que eu recorde- sempre mais ou menos así:

Chegamos de Oriente na nosa carroza turbo estelar cargados de xoguetes e ilusións para todos vos !

Fostes bos !... Pregúnta o Rei os nenos con moita seriedade...

Miles de voces responden con un SI coma unha catedral de grande.

Comedes o caldo ou a sopa !. (Premonición Real da austeridade gastronómica futura).
Soamente uns centos de voces titubeantes soan con un non pequeniño, cheo de temor e vergoña...

Sabedes debuxar, e ler ? (outra premonición da deriva educativa ). Un si, a medias dos nenos con cinco e mais anos...

Queredes moito a papa, a mamá, e os avós ?. Forte SI, acompañado de bicos, e abrazos demostrativos mais ou menos interesados...

Ides compartir os vosos xoguetes cos amigos e cos vosos irmáns?.- ( Recomendación Real de solidariedade). Un Si, con dubidas calculadas...

Pois, coma fostes tan bos e xenerosos, esta noite máxica vos deixaremos nas vosas casas moitos regalos, ca condición de que vos deitedes a durmir axiña...

Coñecín daquela moi de preto ó Rei Melchor e os seus amigos Gaspar e Baltasar, por ter colaborado con eles durante décadas.

Eu sei que Melchor é un Rei bastante sabio que está de volta de moitas cousas, non polos anos que ten, porque os anos non fan a ninguén sabio seno mais vello, senón polas moitas experiencias cos mais pequenos , e sobre de todo por ter viaxado,visto, e vivido tantas cousas polo mundo dos maiores.

Un ano, observei a Melchor diante do Salón Real de Raxoi, onde un centenar de pequenos que agardaban polas súas Maxestades, rodeaban ó Director do Museo do Pobo Galego, Don Antonio Fraguas.

Contaba daquela Fraguas con moitos anos de idade, súa figura encollida e pequeneira, risoño sempre, bulideiro e divertido,parecía talmente un neno mais entre aqueles raparigos.

Melchor dirixiuse a el, fíxose un silencio respectuoso, entón o Rei falou con voz maxestosa:

Don Antonio xa estou aquí outra vez, e moito me folgo de atopalo tan ben neste novo Nadal e día de Reis...!

Don Antonio sorrindo respondeulle con naturalidade e ca amistade dun vello amigo:

Aí meu filliño, para min xa sempre é Nadal !.Teño que dicirche que cando chegades os Reis, sei que chega un gran agasallo para min, en forma dun aninovo mais !.

Os nenos fascinados miraban para Fraguas e para o Rei, e non daban creto a esa relación...

O Rei sorriu estrañamente, chiscou un ollo, e regaloulle a Don Antonio unha manchea de caramelos máxicos que este apresurouse a repartir entre os seus admiradores pequenos...

Nunca souben de onde lle viría esa amistade cos Reis Magos a Don Antonio, que por certo era moi galeguista pero bastante republicano ... Quizabes fora por iso...





Ningún comentario:

Publicar un comentario