luns, 21 de xaneiro de 2013

SOMBRAS


SOMBRAS


O que teña un bo cabalo co saiba montar ben, dicíalle Pedro Madruga a Diego de Andrade.

Galicia é un bo cabalo,que leva no seu cerne moitos anos de negras sombras sen sabelo.
Hoxe non ten xinete que a conduza e monte ben. Esas dúas cuestións son a súa, e tamén  a nosa desgraza.

Pasáballe a Bucefalo aquel cabalo de Alexandre Magno.
Téñalle medo a súa propia sombra, e ata que o fillo de Filipo doulle co mal, non foi quen ninguén de sacarlle proveito.
Alexandre montouno poñéndoo cara a luz do sol, evitou as sombras, e así curouno para sempre.

Pásalle algo así o PSOE. Está rodeado de sombras co teñen acovardado, reprimido e acomplexado sen razón.

Moitas cidades galegas tiveron no pasado bos xinetes, e iso notouse na carreira polo progreso e o benestar.

Compostela cabalgou ó galope case trinta anos, e deixou atrás tempos negros e miserentos de carencias sociais, escasezas de servizos e infraestruturas, de equipamentos e de cultura, converténdose no chamadocrisol do espírito europeoque lle outorgou prestixio e ríspeto nacional e internacional.

Nese longo tempo pasouse por anos de crise económica no País, pero se superaron con intelixencia e solidariedade.
Elo non foi froito da sorte.

Chegou da man da democracia e dós bos alcaldes que houbo na Cidade, e sobre todo, dun gran proxecto deseñado para Compostela.

Iso é o que ten de grande a política cando se entende e aplica ben.

Fomos os socialistas en moi boa medida, os responsables básicos desa actual transformación e modernización.
Esa é a nosa herdanza.

Esa herdanza, pon de manifesto que é posible, con novos proxectos, e con bos xinetes, volver a endereitar o que se está a degradar, e dicir, os servizos públicos o traballo e a cultura.

Lamentablemente nosa Cidade e o País en xeral son cada vez mais dependentes do que se decide noutras partes por intereses as veces ruíns e miserentos. 
Todo elo ca submisión e ata ca compracencia ideolóxica dos actuais responsables políticos.

Por esa razón, non sempre as medidas que se están a tomar teñen que ver exclusivamente ca situación económica.

Iso é o que ten a mala política e os malos condutores da mesma.

Todos, pero especialmente os socialistas, deberamos saír xa do noso asombro catatónico interno e mais externo, e poñernos a traballar politicamente nas rúas, nas empresas, e na sociedade, para impedir que acaben co conseguido a prol dos cidadáns, en nome do mercado e das privatizacións.

Precisamos dun novo proxecto, e duns novos xinetes que saiban montar ben eses fermosos cabalos, que non merecen o que está a pasar ca “doma” destes apocalípticos lacaios.





2 comentarios:

  1. * Moi ben Luis, pero... hai moitos apegados o asento é así non se pode or a ningures. Hai algúns/as que teñen a carreira de politíco/a con título universitario adeicional. As pegatinas, que veñen das mocedades, hai que escollelas ben. Venme á memoria Mar Barcón, unha trepa coma ningunha, ex-Conselleira de Caixa Galicia que estivo mirando pra outro lado. E segue, aspira, seique, a Gobernar na Cruña.

    ResponderEliminar
  2. Haces bien, Luis, en reivindicar la herencia que los socialistas hemos dejado en Santiago. Tantísimos centros socioculturales funcionando, por poner un ejemplo, infraestructuras, ordenación del territorio... etc. Basta darse una vuelta por la ciudad para entender de qué estamos hablando. Y gracias a ti tambien, por supuesto Luis, que tuviste tu momento de esfuerzo y entrega por esta ciudad y por su futuro, que disfrutaremos siempre.
    Comparto contigo que debemos despertar de nuestro asombro catatónico. No sólo los socialistas, la sociedad entera.

    ResponderEliminar