xoves, 31 de outubro de 2013

DÍA DE DEFUNTOS. O SEPULTUREIRO DE COBAS

DIA DE DEFUNTOS
O SEPULTUREIRO DE COBAS


Manuel do Crego, é dende fai corenta anos o sepultureiro de Cobas.
É un negador de que a morte sexa o final da vida.
Segundo me conta nunha entrevista arrepiante que lle fixen fai mes e medio,veu a estadea ou santa compaña tres veces na súa vida, sempre no camiño do cemiterio.
Librouse de presidir a mesma, gracias os cornos de vacaloura - mos mostra con orgullo -, que sempre leva no peto, xunto con un par de allos machos.

Non é certo iso do purgatorio, nin do inferno. É un invento interesado dos intermediarios para nos asustar, e dicir dos cregos...

Tódolos vivos queren seguir vivos, teñan os anos que teñan, porque non saben ca vida despois de morrer e moi parecida a vida antes de ter nacido, so que daquela eras moi pequeno e non tiñas boa memoria, despois, o morrer, tes recordos, e mais experiencia do vivido.
A memoria queda nos defuntos entre o tempo e o espacio. Pero queda, porque a vida da memoria e indestrutible, como os átomos...

A morte non é o final, o final é o esquecemento do defunto..
A memoria dos mortos sérvelle, non sei como, para encarnarse de novo noutras persoas, que xa non recordan quen foron na vida pasada. Unha magoa!. Porque moitos poderían ser mellores.

Home, díxenlle, esa é hipótese da reencarnación. Unha teoría indemostrable.

Si home si, tan indemostrable como o ceo e o inferno.! E moitos creen nesas parvadas desde sempre.
Se os mortos falaran... pero non, falamos nos por eles, e inventamos o que nos convén.

Eu falei co presidente da estadea, en tres ocasións. Coma sabes é medio morto vivente, pero pode falar, e sabe moitas cousas...

Se a xente coñecera estas cousas que me contou, miraría cara a cara a morte, agradecéndolle cada día as oportunidades marabillosas que ten o vivir...





Ningún comentario:

Publicar un comentario