xoves, 16 de xaneiro de 2014

ANTÓN DE FOLGOSO, O NAMORADO

ANTÓN DE FOLGOSO ONAMORADO


Antón de Folgoso viviu toda a súa vida, ate hoxe, a conta da súa avoa, que é rica por parte de pai, e dispón dunha manchea de vivendas, e de baixos no centro histórico, que foron coa nova lei alugadas moi ben.

Antón non traballou profesionalmente nunca. Fixo a carreira de dereito, segundo di, por compracer a avoa. E tamén sérvelle como escusa para rexistrar, vender, ou alugar os pisos dela, coma única actividade.

Os días os adica a baixar varias cuncas café, do que é un serio adicto; a pasear e charlar cos amigos; a ler poemas e libros clásicos; a tocar o piano; a pintar acuarelas de vellos pazos e monumentos, e ate a calcetar unhas magnificas bufandas de lan de vivos cores, que regala a moitos de nos. (Eu xa teño unha media ducia).

Antón, e un amigo doce, tolerante, culto, e sensible como poucos...
Non chegou a casar polo pelos...e por algo mais complicado, que vos conto axiña.

A el gustáballe a morrer e desde sempre a Marilín, unha veciña moi feita que vivía nun portal o seu carón.

Un día, fai disto un par de anos, descubriu con horror, que esa muller da que estaba tolamente namorado, e que veu crecer desde nena, decidira cambiar de sexo.
Agora a veciña chamase Mario.

A partires daquela saúdanse sempre con moito agarimo cando se atopan na rúa, ou en calquera outro lugar. A rutina verbal de como vai a vida, séguelle unha despedida con dous castos bicos nas meixelas.
Cando Mario emprende a marcha despois do saúdo, o Antonio quedáselle un anaco mirándolle as costas cos ollos entre pechados, e téñolle escoitado balbucir algunha vez, algo a como :que magoa tan grande de muller perdida....

Eu non entendín ata o de agora, se quería dicir que era unha perdida, ou que foi unha gran perda para el mesmo...

Antón, tenme moito afecto persoal, e unha confianza cega no meu criterio, non sei porque razón. Será porque tamén son amante da poesía, asunto este moi raro nos tempos que corren.

Onte chamoume por telefono para me pedir unha urxente opinión sobre un asunto no que levaba matinando moito tempo...
Quedei con el para despois de xantar, na miña propia casa.

O recibín no salón, e prepareille un café con misturas arábicas, que arrecendía a chocolate, mel e caramelo, como unha especie agasallo gastronómico.

Antón, despois de beber un sorbo miroume de fito en fito con certa timidez , e, arrancouse decidido sen reviravoltas:

que che parecería, se nuns días eu pasara a chamarme Antonia ?...
Non souben que lle contestar nese momento... pero logo cavilei para min ...inda quedan amores que poden con todo!.






Ningún comentario:

Publicar un comentario