mércores, 8 de xaneiro de 2014

REIS

REIS


Serían as tres ou catro da madrugada, cando Os Reis magos chegaron a miña casa. Despertáronme os orneos dun burro grande coma un camelo, cargado de moletes de quilo de pan boroa.
Os Reis estaban alí mesmo, diante miña, sen regalo algún, nin tan sequera uns carbóns para o braseiro, pero deixáronme moitas palabras, - coma Rajoy-, e, fixéronme algunhas esixentes peticións persoais...

O Rei negro, o Baltasar para mais datos, me pediu con moita seriedade que traballara mais horas polos mesmos cartos.
Que producira coma un subsahariano sen papeis,doume a entender.
O teu País, comentoume con suficiencia de economista do FMI, non está para desculpas e bromas estúpidas de preguiceiros, e ademais, xa está ben de vivir por riba das túas posibilidades, estas feito un lacazán de merda...E por riba te andas a queixar cos amigos!

Respondinlle abraiado e con moita humildade:

Maxestade, quen me dera un traballo,aínda que fora deses nos que hai que choiar como os chinos, e dicir, facer dobre xornada e ter a metade do soldo... deses que se chamanmini jobs”.

Asegúrolle que eu renunciaba mañá mesmo a ter liberdades, incluídas as de manifestación, expresión, e, aborto das miñas fillas por malformación do feto.

Gaspar, sorriu con displicencia, e, comentou co Baltasar, sen me mirar, que eu era un marxista atrevido e ignorante, a pesares de ter unha carreira universitaria, e, que, o que tiña que facer, era aprender a falar inglés,e alemán, e sumar un par de másteres mais, mentres agardaba unha oportunidade laboral no estranxeiro.
Miroume entón e, espetoume:

Cuestión de paciencia, polivalencia, eficiencia, e de preparación complementaria básica,nin mais nin menos. Entendiches zoquete.!

Melchor,finalmente,ollando para os seus compañeiros e dirixíndose a eles, comentoulles polo baixo:

Pero, paspáns do carallo, sei que xa estades aparvados co discurso único oficial, e cas trapalladas da televisión pública.?

Debe seren iso, ou xa estades bébedos cos chopos de perrasca que nos deixan nas casas os nenos... ?
Que por certo bebedes a morro, desde fai unha horas.!

O noso traballo, recordade, é traer esperanzas os nenos e os maiores, non maxia e ocultismo barato, que para iso, xa abonda o Goberno de España, e mais a troika europea.
Veña, xa estades montando nos burros e liscando a outro fogar...

E coidado co que dicides, que parecedes discípulos da escola de economistas de Chicago.

Despertei do meu sono suando, con taquicardia, e mexado.!

Houbera tomado entón un bo grolo da perrasca da que falaban os Reis, pero contenteime só con unha cunca de auga clorada da traída.


Logo, despois de ciscarme uns minutos en toda a realeza empresarial e financeira de España, volvín a pillar un soño no que me facía millonario ca lotería do neno, a pesares da cabronada liberal do 20% de desconto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario