sábado, 15 de febreiro de 2014

O NICO

O NICO

Atopeime co Nico, facía anos que non o vía nin falabamos.
Levo xa xubilado cinco ou seis anos, comentoume.
Fai ben tempo que non sei de ti, pregunteille.
Pois a día de hoxe mesmo, que é o que na nosa idade conta, veño de celebrar os cincuenta e cinco anos da miña promoción cos compañeiros do Instituto Xelmirez, engadiume con un sorriso estraño.

Encargouse dos convocar o amigo Lobato, que foi quen axustou a comida no restaurante.

Foron moitos, o xantar ?.Quixen saber.

Pois vintedous compañeiros xustos.!.
No comida informeime por uns e por outros, que unha boa manchea deles tiña finado xa. Eses non viñeron...
Roque morreu de neumonía; Carballo, de un cancro; o Bolas, de non sei que do corazón... e así unha chea de compañeiros... cas noticias lutuosas, atragoeime dúas veces cas empanadillas, e cas croquetas do entrante.

Debe seren triste perder os vellos amigos da mocidade non?
Home, que queres que che diga. As veces a tristeza allea é parte da alegría propia.
Alí estabamos os sobreviventes desa desfeita biolóxica; uns lle chiscaban un ollo a unhas mozas moi novas, veciñas da mesa de enfronte, que por certo non lles fixeron nin caso; outros poñían caras e acenos aparvados, mentres facían fotos con esas cámaras pequenas electrónicas; dous mexáronse por riba co esforzo por conter a risa... e finalmente rematamos todos bébedos, cantadovaite lavar porcona, botando aturuxos e berrando coma tolos...!

Esas cenas, díxenlle, están ben Nico, estar xuntos, recordar historias e contar contos, sempre e agradable.

Niso tes só unha parte de razón, e voucho explicar:
O despedirmos ate o ano que ven, díxenlle a Lobato, nun aparte, que non se lle ocorrera volver a chamarme para a próxima xuntanza...
E logo?
Mira Luis, a comida estivo ben, non faltou de nada, marisco, boas carnes, peixes e lambetadas.
Pero eu ...atopeinos a todos moi vellos, moi escarallados, e por riba finxindo que aínda eran mozos...

O problema, amigo meu, non é ser vello, senón ter sido rapaces trouleiros e sans, e ir a estas festas de carcamán facendo malas imitacións daqueles rapaces que fomos un día... Que vaian todos a merda!.

Ningún comentario:

Publicar un comentario