luns, 21 de abril de 2014

AS PEDRAS FLORECIDAS

AS PEDRAS FLORECIDAS

Supoño eu que un escritor non se pode plaxiar a si mesmo, pero unha vez, un dos mais grandes escritores me dixo:
Sorrí sempre así, porque non sabes nunca quen se pode namorar do teu sorriso...
Iso mesmo descubrín que dicía un dos personaxes dunha novela súa...

Eu andaba entusiasmado na súa compaña, e levaba prendida na faciana un sorriso permanente...

Paseabamos co alcalde Xerardo Estevez varios amigos con ese escritor, pola Praza do Obradoiro, mentres este comentaba que non había praza no mundo mais fermosa que a de Siena...

Ate o de hoxe non o dubidei, pero agora titubeo... aquí, nesta Praza, con este aire xuvenil que non permite pensar na súa idade venerable, senón que parece construída o día anterior por alguén que houbera perdido o sentido do tempo...

Poucos dias despois escribía un articulo na prensa, tituladoViendo llover en Galicia.

Chicho Losa concelleiro de cultura de aquela, home culto e cheo de xenialidades espontáneas, ampliou o devandito artigo no prelo a tamaño cartel de mais de un metro cadrado , e, mandouno poñer en forma de anuncio nos parques da Cidade.
Pasou bastante desapercibido. Proba inequívoca de que liase pouco de aquela.

Gabriel Garcia Márquez, deixounos o recordo da súa presenza en Compostela nesa loita implacable dos escritores por sobrevivir o esquecemento e a soidade.

Estou seguro que ao igual que esas pedras florecidas que tanto lle chamaron a atención, vive e vivira nos corazóns de moitos dos seus lectores.

A Santiago teñen chegado papas, reis, premios nobel, responsables políticos de todo o mundo, personalidades relevantes, e millóns de visitantes...

Que eu recorde en uns poucos anos presenzas coma as de Juan Pablo II; o Rei Juan Carlos; Mitterrand; Helmut Kohl; Felipe Gonzalez; ou Stephen Hawkins... foron constantes na Cidade.
Hoxe, esas personalidades veñen en menor medida, iso debera  facernos reflexionar.

Presenzas de eses ilustres visitantes que a cidade e moitos cidadáns, viron pasar con indiferenza e desinterese, coma se fora unha inescusable obriga deles vir aquí a contemplar a milagre das pedras florecidas navegando polo tempo.
E de paso, consumir un pouco de viño do ribeiro e mais un anaco de empanada de raxo do pais.


Menos mal que os santos de pedra, sempre mais acolledores que os de carne mortal, lles sorriron garimosamente, conscientes de que os que aquí veñen, traen con eles prestixio, admiración, e o recoñecemento que se lle ten a historia, ao arte, a cultura, e, a un Camiño resucitado, que foi acercando Europa a Galicia, aínda que non tanto, Galicia a Europa...

Ningún comentario:

Publicar un comentario