mércores, 30 de abril de 2014

DON HILARIO O DERRADEIRO RADIO AFECCIONADO

DON HILARIO O DERRADEIRO RADIO AFECCIONADO


Dicíame don Hilario  que hai dúas formas de vivir, unha chámase sobrevivir,  e serve para  ir vivindo, a outra, imaxinarse unha vida nova despois da morte, e serve  para ir morrendo. Logo díxome con moito retintín.. pero sempre hai xente que nin sobrevive, nin  morre de todo…

 Don Hilario, ten  mirada nova  e  sorriso dun neno pillaban.

Coméntame que cando mira cara atrás, non sente vergoña de nada do que leva feito. E dime sorrindo que leva feito moitas…

 ─Sonche dos que sobreviven ca pensión de 650 euros nunha casa sen hipoteca, comida moi san, e dicir  desa que non sabe a  nada,  e pouca calefacción…

─Antes cando vivía a miña Bieita, a casa estaba mais quente, o xantar era mellor e variado, e aínda sobraban tódolos meses uns euros para os netos, e para os “vicios” meus, agora non sei como fago para estares tan xusto sempre...

E que os servizos e os impostos indirectos como o IVE, subiron moito Don Hilario, díxenlle poñendo cara seria coma os economistas actuais…

─Será logo iso. Eu crin que era o meu gasto en electricidade, pois polas noites fago moita radio, e o custe da enerxía eléctrica e case coma o do solomillo…

Xa sei que é  vostede un practicante de radio afeccionado moi notable. Un dos poucos que quedan, despois de que o telefono  móbil rematara con todos vostedes.

─ Pois é  así , mais eu sigo ca miña radio de sempre,  ca antena direccional de catro elementos, e comunicándome a larga distancia ou distancia descoñecida, de cando en vez…

Por certo, díxenlle como se tal cousa, escoitei do noso común amigo Filomeno, unha historia que non acabo de crer, algo así como unha comunicación súa moi estraña...

─ Xa sospeitaba eu que ti viñas por me quitar algunha noticia para o teu blog…Si cha conto ninguén a vai crer, a vas facer o ridículo diante dos tres ou catro amigos que len as parvadas tuas…

Non se preocupe  don Hilario, vostede cóntema, que eu sonlle especialista en incertezas e contos incribles, e ademais asegúrolle que ninguén cre xa en nada que non lle conveña moito, salvo na política do PP, ainda que lle conveña  pouco… respondinlle.

─Pois ben, ala ti… cóntoche. Fai uns meses, fíxenlle un arranxo a miña vella emisora, esa que ves aí sobre a mesa, a Galaxy Saturn, e conseguín baixala de 20 megahercios con un truco vello, hoxe case esquecido… Púxenme a emitir polas cinco bandas, unha a unha, e de súpeto en cw, escoitei unha remota e afastada voz con algunha distorsión que me resultou algo  coñecida…

─  Hilario dicíame, Hilario, andas feito un lacazan!. Comes mal, andas a estragar a saúde por non pagar as pastillas para a túa arritmia do corazón,  pasas friaxe canto queres; non mudas a roupa da cama nin os calzóns desde fai un mes, e por riba desbaratas a pensión en parvadas como transistores e cables coaxiais …

─  E ti quen ves sendo?. E coma sabes esas cousas?… Pregunteille…

─Eso é o de menos!, tes que deitarte mais cedo e abrigarte mellor ca manta de lan vella;  apagar sempre a luz da cociña que deixas acesa moitas veces; e  aproveitar o pan reseso para facer con el unha tortilla con un pouco  leite e un ovo;  tamén tes  que deixar de pensar no marisco, que xa sabes que te senta mal e dáche alerxia…

─Esta ben, pero ti quen raios es !.

─ Iso non che importa agora, xa falaremos diso outro día,  ti  faime caso como llo fas ó Feijoo, a pesares de que nin é quen che paga a pensión, nin é quen de darlle traballo ós teus netos…Nin tan sequera te coñece...!

─Vale, vale, pero ti porque frecuencia traballas?...

--Non contestou ninguén. Cortouse  de súpeto a conversa.
Logo cavilei: non hai ninguen que saiba tantas cousas de min coma a miña querida Bieita... e, sería ela ?.






Ningún comentario:

Publicar un comentario