venres, 6 de xuño de 2014

O AMIGO TONY

O AMIGO TONY

Nacer, naceu en Fowey, un pequeno pobo costeiro do sur este de Inglaterra. Pero síntese desta terra pois leva moitos anos traballando aquí, ademais é pai de sete  fillos galegos e marido dunha moza compostelán.

Considerase así mesmo,con certa retranca, coma un: “extraordinario impulsor demográfico da mocidade desta bendita terra”.

 Comentábanos onte, que ate Fowey chegou Xesús na súa infancia xunto con Xosé de Arimatea.

E  que foi facer alí ? ─ preguntámoslle abraiados.

─Eu que sei!, ─ Supoño que non é certo, pero ter temos unha cruz que conmemora este feito preto dos arrecifes. E todos os veciños de Fowey cren que é posible, aínda que  moi improbable…pero coinciden en que  é moi bo que así sexa… E nunca houbo discusión no pobo por elo !.

─ Home claro, ─respondimoslle, éche coma si aquí  poñemos en dubida cos restos do apóstolo Santiago non están onde deben estar, que é na súa furna. Seriamos parvos!.

Existen, dinos Tony,  diante de dilemas como este, sempre  tres tipos de dubidas :  As científicas, as artísticas e, as de fe.  Nestas últimas, no caso de incerteza,  reafírmanse as crenzas sempre,  non si?.

─E si por riba, contestámoslle varios, esas conviccións son rendibles, xa  temos a tradición e mais a economía xuntas,  deste xeito, as lendas  convértense en  crenzas  beneficiosas para todos…

─O respecto desto, ─ engadín eu, vouvos contar un feito que aconteceu en Compostela fai mais de trinta anos. Podedes crelo ou non…

Un arcebispo, comentoulle daquela o alcalde  da Cidade, que estaban a estudar a posibilidade de datar a traveso de técnicas de radiocarbono, a idade dos osos da furna do Apóstolo.

O alcalde, mirouno de arriba abaixo, e deixoulle caer:

─ Pero logo monseñor, vostede pon en dubida que os restos non sexan os  do noso Santiago o Maior ?.

─ Non, home non, unicamente quixeramos ratificar a tradición, para darlle mais forza diante do pobo cristiano…

─ E, Sr. Arcebispo, se resulta que o Carbono 14 evidencia que  son restos óseos de varios séculos despois… que pensa facer, ou dicir… ?.  Porque, non vaia a seren que a ciencia, poña en perigo a tradición,  o Camiño, a Cidade, e o futuro de Compostela.

A cousa rematou aí. Nunca mais oín falar desta ocorrencia  arcebispal.

 Me sorprendeu daquela que un rexedor  socialista tivera que darlle unha lección de sentido común, de economía domestica e de”fe” a un arcebispo, que por outra parte sempre mantivo nos seus discursos, cos seus marxes de interpretación tendían a cero, sobre esta e outras materias científicas ou non.

Salvámonos daquela polos osos!.












Ningún comentario:

Publicar un comentario