xoves, 19 de febreiro de 2015


UN VECIÑO DOS QUE NAS ENQUISAS: “NON SABE, NON CONTESTA”.

Preguntoume hoxe un novo veciño no ascensor : E ti que pensas da situación actual do País.?

Sen gañas algunha de darlle a lingua lle contestei co primeiro que se me ocorreu: “Se pensa como se vive, e non se vive como se pensa”. Así é como votamos, polo menos en Galicia.

─ Claro, ─ resposta axiña ─ ti debes vivir como pensas, e falas así !. Eu no desemprego desde fai dous  anos por culpa dos socialistas, e vivindo a conta dos meus vellos so  penso como sobrevivir.

─ Home, ─ retrúcolle  ─ iso que dixen antes de “ se pensa coma se vive”, non e meu, o dicía sempre  un tal Demóstenes. E seguro que Don Carlos Marx tomou nota prestada delo.

─ Non os coñezo.!— dime ─. Pero deben ser dous señoritos que teñen traballo seguro e  cómodo; unha  desas bicocas públicas nos que se choia pouco e gaña moito.

 En Roma, ─ trato de explicarlle ─, sen entrarlle o trapo, Demóstenes tiña sona de seren moi bo orador; dicía moito aquilo de que: “as palabras que non van seguidas de feitos non valen nada”. E o Marx a tiña de seren bo intelectual, comunista, periodista e político,e ademais  fundador do materialismo histórico.

─ Logo xa sei coma respiran eses dous, me di o primeiro é seguriño do PSOE porque aposto o que queiras a que non cumpriu nada do que dixo. E  si ora ou reza, o fai polas gañas de volver a gobernar e  vivir a conta nosa. 
 O segundo, o “Mas” ese do carallo é, sen dúbida  de  Podemos e tamén  catalán polo apelido.
 Sonche todos iguales, señoritos sempre cabreados, profesores comunistas que falan nas televisións,  e que cobran cartos polas historias que inventan aquí e mais en Venezuela. Uns conta contos baratos!. Ou non pensas así.?

─ Non  home non!, que estas a entender todo o que dixen eu o revés. Cando dixen que era un bo  orador, non quixen dicir que rece, senón que fai discursos e fala ben. E o segundo, escribiu unha historia sociolóxica importante. E ademais,  por se non o sabías, tanto Demóstenes como Marx  morreron fai  tempo.

─ Mellor!. Nese caso dous chourizos menos a roubar!!!. Menos mal que eu, que teño experiencia política abondo, vou votar o PP!.
 Iso si, cando me  preguntan a quen votarei, os que fan esas enquisas, fágome o parvo…  ti xa  me entendes …! Ou non.?

E chegamos cadanseu a súa vivenda.

 Xúrovos que non volvo a abrila boca no ascensor con veciños tan intelixentes.! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario