mércores, 1 de abril de 2015

AS PALABRAS "ABREPORTAS"

AS PALABRAS “ABREPORTAS”

A Carolina, case igual que na canción, bonita non é,  probe si, e, o de honrada se lle supón. Pero para compensar esas circunstancias, saleu moi intelixente e aguda.

Orfa de pais, criouse ca súa tia Agueda que  exercía de  menciñeira, e tiña creto de seren moi  boa cos seus bebedizos e  remedios. Grazas a eles, puido darlle a rapaza  estudios  en Compostela.

A Carolina sabía que para saír de probe as licenciaturas contan pouco hoxe, logo, dicía ela, ou tes  un bo plan, ou tes un golpe de sorte na lotería.

Ten a Carolina dous libros de cabeceira desde o tempo dos seus estudios,   un de economía, e  outro de lingua, dos que aos poucos foi facendo escolma dunhas verbas,  que ela chama, as “palabras abreportas”.

 Con unhas verbas escollidas,- contoume- , “pódese conquistar o mundo”,  ese é o meu plan, así de sinxelo.

Porque, dime ti, quén con unha empresa ou negocio váiseme  resistir cando deixe caer axeitadamente palabras coma: conxuntura; axuste, débeda pública, despido libre,  ou amortización?.

Quén con estudios  e sensibilidade despreza voces coma: amor, berce, poesía, liberdade, ou áncora ?.

Colleu a Carolina una día o autobús na vila e  marchou a capital cos dous libros, un frasquiño con un bebedizo amoroso da Tía Agueda, e un allo macho no bolso, remedio infalible contra a mala sorte, como sabe todo o mundo.
 
Gastou parte  dos seus aforros, na compra dun traxe elegante, e uns complementos.

Ao remate das compras parecía outra. A metade da súa fealdade quedou na tenda, e a outra metade,  a disimulaba coa súa desenvoltura leda e contaxiosa.

Na escola de executivos onde se matriculou para facer un master, coñeceu  a Breixo, un empresario importante de carácter un pouco apoucado e reservado. A ela  pareceulle un bo partido e   até guapo, en consecuencia lanzouse a facerlle as beiras.

 O Breixo, despois de saír varias veces xuntos, pillouna na discoteca  botándolle o bebedizo na bebida, pero nada lle dixo; pouco despois localizou os antecedentes de a Carolina en Facebook e  mais  conseguiu información dela por un cliente, pero nada lle comentou.

Tiveron  os dous moitas  conversas sobre  asuntos de ir e vir e mais  de negocios. Foi entón  cando Breixo  escoitou as “palabras abreportas”, e  aparentou que  lle interesaban.

O feito é, que rematando o master e por sorpresa fíxolle unha declaración de amor, na que mais o menos veulle a dicir:

Carolina, quéroche pedir en matrimonio, se me aceptas, pero antes debo dicirche o seguinte:

Primeiro o amor só morre de indixestión, non de fame, polo tanto non me  volvas, sen o meu permiso, a botar nunca mais gotiñas reconstituíntes  na bebida.

Segundo, tira do teu bolso ese allo porque fede que alcatrea.

E, terceiro, no me  volvas contar mais veces que a “reorganización eficiente da miña empresa depende da racionalización dos factores de produción”, que ti tan ben coñeces.

Ti es Carolina, o complemento ideal que eu precisaba. Vesme que nin feita de encarga. Tes todo canto eu non teño: alegría na pobreza, agarimo de abondo, intelixencia, ousadía, imaxinación, e  moito, pero moito, instinto asasino.

Por iso te desexo como miña dona, e te preciso coma empresaria adxunta.

E casaron. !





Ningún comentario:

Publicar un comentario